A multinacional galega EQUANTIA presentou na Casa, ante investidores e y distribuidores, dous dos seus produtos empresariais
A empresa galega, EQUANTIA, cuxa sede central encóntrase en Vigo, presentou esta mañá dous dos seus produtos en Madrid a investidores e distribuidores, dentro da expansión proxectada para este ano.
EQUANTIA é un grupo de consultoras especializadas en diferentes liñas de actuación: EQUANTIA, en Comercio Exterior e Proxectos Europeos; CONFIALIS, en servizos de Consultoría, Auditoría, Outsourcing e Formación, en materia de Protección de Datos; e CAPITALIZA, Organización de consultoría estratéxica e Auditoría de Responsabilidade Social Corporativa.
O encontro, que se celebrou nas dependencias da Casa de Galicia, abrangueu estes ámbitos coa introdución das súas oficinas exteriores nos mercados de Balcáns, Bálticos, Rusia, Centro Europa, Brasil, Canadá, Turquía e Arabia Saudí.
Na imaxe adxunta, o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, (segundo pola dereita) acompaña aos directivos de EQUANTIA, Alfonso Pascual (á dereita) e Manuel Cortizo e Fernando Quevedo, ( esquerda), nun receso do acto que se iniciou ás 9 da mañá e durou ata as 14 horas.
"Estamos encantados coa Casa de Galicia", dixo Manuel Cortizo a Ónega; "é un gran labor o que facedes, e aquí os empresarios galegos temos todas as facilidades en Madrid, algo que agradecemos profundamente, especialmente nestes tempos, que non son doados para ninguén".
Máis información sobre a empresa: http://www.equantia.com/