Nova convocatoria dos cursos de Lingua e Cultura galegas na Casa de Galicia en Madrid
A Casa de Galicia en Madrid e a Secretaría Xeral da Lingua convocan unha nova edición dos cursos de Lingua e Cultura galegas. Como novidade, este curso 2025/2026 conta por primeira vez co curso de Lingua e Cultura galegas III. Este novo nivel atende a unha demanda real de formación e permite que os alumnos que superaron o segundo nivel na convocatoria anterior poidan continuar afondando no coñecementos da lingua e cultura galegas.
A inscrición deberá facerse entre os días 15 e 26 de setembro (ambos incluídos), de xeito presencial na oficina de Rexistro da Casa de Galicia en Madrid (de luns a venres de 09,00h a 14,00h) ou enviando todos os documentos necesarios a través do correo electrónico rexistrocasagalicia.madrid@xunta.gal .
Os cursos, de 70 horas cada un, impartiranse os martes e mércores dende o 7 de outubro ata o 24 de xuño, nos seguintes horarios:
-Lingua e cultura galegas I: Os martes de 17,30h. a 19,30h.
-Lingua e cultura galegas II: Os martes de 19,30h. a 21,30h.
-Lingua e cultura galegas III: Os mércores de 18,00h. a 20,00h.