Núñez Feijóo recolleu, en nome da Xunta, o Máster de Ouro do Real Fórum de Alta Dirección
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo recolleu esta noite na Casa de Galicia o o Máster de Ouro do Real Fórum de Alta Dirección á Xunta de Galicia, que lle outorgou o Fórum á Institución galega que el preside. A entrega fíxoa o presidente do Real Fórum de Alta Dirección, Carlos Escudero Burón. A presentación do acto correu a cargo do l delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, na súa calidade de anfitrión do evento.
Preto dun centenar de persoas acudiron á Casa, entre as que se encontraban o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría; as secretarias de Estado de Sanidade e de Facenda, Piar Farjas e Marta Currás; o almirante González Aller, o presidente da ONCE, Miguel Carballeda; así como presidentes e membros das diferentes asociacións galegas, tanto culturais coma profesionais, ademais de amigos, medios e público en xeral.
Nas imaxes están, (sempre de esquerda a dereita):
1 Almirante González Aller, José Ramón ónega, Carlos Escudero Burón, Alberto Núñez, Piar Farjas, Marta Currás, José Manuel Romay e Miguel Carballeda
2 Carlos Escudeiro Burón, Alberto Núñez Feijóo e José Ramón Ónega
3 Núñez Feijóo recibe en nome da Xunta o o Máster de Ouro do Real Fórum de Alta dirección