O coordinador de Actividades Culturais da Casa de Galicia, galardoado co Premio ao autor do libro máis vangardista-escriDuende 2013

Notas de prensa
07/02/2013
07/02/2013
02/07/2013

O coordinador de Actividades Culturais da Casa de Galicia, galardoado co Premio ao autor do libro máis vangardista-escriDuende 2013

O coordinador de Actividades Culturais da Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, Ramón Jiménez Pérez, foi galardoado co Premio ao autor do libro máis vangardista-escriDuende 2013 pola súa obra "O baile do emperatriz”, publicada pola editorial Pigmalión

Madrid, 2 de xullo de 2013. - O coordinador de Actividades Culturais da Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, Ramón Jiménez Pérez, foi galardoado co Premio ao autor do libro máis vangardista-escriDuende 2013 pola súa obra "O baile do emperatriz”, publicada pola editorial Pigmalión.

Os premios escriDuende foron creados este ano polo Grupo editorial Sial-Pigmalión con ocasión da celebración da Feira do Libro que tivo lugar recentemente no madrileño parque de O Retiro e teñen vocación de permanencia no panorama literario español. Toman como referencia a figura do duende que segundo unha antiga lenda facía florecer de forma espectacular os camiños do Parque para deleite do rei.

Jiménez Pérez tamén é autor, entre outros textos literarios, dos libros de relatos curtos "Contos estructurados" (Premio Emilio Hurtado 1986, Edicións Castela) e "Así pérdome nas cidades" (Pigmalión, 2011).

02 Xullo 2013
Notas de prensa
Imaxes