02/03/2014
O delegado da Xunta en Madrid participou no XLVII Capítulo Xeral da Orden da Vieira
O delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, asistiu o sábado, 1 de marzo, ao XLVII Capítulo Xeral que a Enxebre Orden da Vieira celebrou en Madrid, con grande afluencia de público.
Como é habitual nos seus capítulos, a Orde da Vieira, nomeou novos confrades, entre os que nesta ocasión se achaba o secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, e entregou as distincións "Madrigallegos de Oro 2014". Ónega entregou a distinción "Madrigallego de Oro ao mérito no Servizo Público” ao almirante Antonio González-Aller Suevos.
02 Marzo 2014
Notas de prensa