O DIRECTOR DA CASA DE GALICIA EN MADRID PRESENTOU A CONFERENCIA INAUGURAL QUE IMPARTIU ANDRÉS JUEZ PÉREZ BAIXO O TÍTULO: “PEREGRINAR POR FRANCIA”, EXPERIENCIA PERSOAL POLA VÍA TOLOSANA

Notas de prensa
11/15/2022
11/15/2022
15/11/2022

O DIRECTOR DA CASA DE GALICIA EN MADRID PRESENTOU A CONFERENCIA INAUGURAL QUE IMPARTIU ANDRÉS JUEZ PÉREZ BAIXO O TÍTULO: “PEREGRINAR POR FRANCIA”, EXPERIENCIA PERSOAL POLA VÍA TOLOSANA


- A Casa de Galicia acolle esta semana o “Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos” que organiza a Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid.

Madrid, 14 de Novembro de 2022.- A Casa de Galicia en Madrid colabora na celebración do “Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos” que organiza a Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid, cuxo obxectivo é ser en Madrid un lugar de reflexión sobre o Camiño de Santiago e toda a realidade diversa que o fenómeno da Peregrinación creou.

O director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano presentou esta tarde o acto da conferencia inaugural no que tamén interviñeron, José Antonio Ortiz, director da revista “Peregrino” e o escritor e peregrino madrileño, Andrés Juez Pérez.

Serrano afirmou na súa intervención que aínda que non tivo a ocasión de coñecer ao primeiro presidente da Asociación Cimadevila Covelo, é coñecedor da abnegada labor a favor do Camiño de Santiago. “Cimadevila recreou o Camiño, resucitouno, deulle aires de grandeza e brillo de Historia”, afirmou o director da Casa de Galicia que tamén agradeceu a Ortiz o seu labor á fronte da Asociación, “que herdou aquela inspiración, aquel eco glorioso que o compostelán Cimadevila soubo crear e facer realidade”.

Ortiz, que presentou ao conferenciante aproveitou para agradecer a Juan Serrano e á Casa de Galicia a súa colaboración para levar adiante o seminario, e non dubidou en expresar a súa admiración por coñecer a un alcalde de Portomarín (en referencia a Serrano), pola historia de superación do pobo a beiras do río Miño en Lugo.

Na súa intervención, Andrés Juez Pérez relatou aos asistentes a experiencia de percorrer a Vía Tolosana desde Arles (Francia). “Saír da zona de confort, forzar a aprendizaxe dun novo idioma e coñecer outros países e paisaxes foron algúns dos argumentos que me motivou a comezar o Camiño de Santiago en terreo francés”, dixo Andrés Juez.

15 Novembro 2022
Notas de prensa
Imaxes