O Festival Groba presenta a súa XIII edición na Casa de Galicia en Madrid

Notas de prensa
06/11/2025
06/11/2025
11/06/2025

O Festival Groba presenta a súa XIII edición na Casa de Galicia en Madrid

A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta mañá o acto de presentación dunha nova edición do Festival Groba, unha das citas máis recoñecidas da música clásica en Galicia, que se celebra anualmente en Ponteareas como homenaxe ao seu director artístico e compositor Rogelio Groba.

O acto estivo presidido polo director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, quen cualificou como "un privilexio" acoller esta presentación na sede do Goberno galego en Madrid. A presentación asistiron tamén e o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro; e o primeiro tenente de alcaldesa, Juan Carlos González; 

Na súa intervención Ramos destacou que a iniciativa permite cumprir varios dos obxectivos da entidade: "Servimos de plataforma de difusión cultural —claramente, a música é cultura—, e promocionamos Galicia como destino turístico e de calidade".

O Festival Groba, que chega á súa décimo terceira edición, continuará ofrecendo unha programación que combina concertos, clases maxistrais e encontros con artistas, nun formato que busca a excelencia e o acceso universal á música clásica e contemporánea.

A Casa de Galicia reiterou o seu compromiso coa difusión dos principais eventos culturais e festivos do calendario galego, e animou ao público de Madrid a achegarse este verán a Ponteareas e vivir de primeira man unha experiencia única arredor da música, a tradición e a paisaxe galega.

11 Xuño 2025
Notas de prensa
Imaxes