13/10/2022
O PRESIDENTE DA XUNTA, ALFONSO RUEDA, REALIZOU UN PERCORRIDO POLA EXPOSICIÓN “A DISTANCIA QUE NOS UNE”, ACOMPAÑADO DO DIRECTOR DA CASA DE GALICIA, O PRESIDENTE DO PARLAMENTO DE GALICIA E O AUTOR DA OBRA, MANOLO PAZ
Madrid, 13 de outubro de 2022.- O director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano acompañou na mañá de onte ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices e o autor da obra, Manolo Paz.
A exposición itinerante “A distancia que nos une” do artista Manolo Paz xa se pode contemplar nos lugares máis emblemáticos de Madrid. Desde a Praza de Colón ata Paseo do Prado poderanse contemplar doce obras deste artista, que pretende converter a materia inerte en obra de arte.
Esta exposición no espazo público servirá para celebrar este primeiro aniversario da designación de Paisaxe da Luz por parte da UNESCO.
13 Outubro 2022
Notas de prensa