O presidente da Xunta é nomeado Socio de honor da Asociación de Juristas Gallegos en Madrid

Notas de prensa
01/21/2011
01/21/2011
21/01/2011

O presidente da Xunta é nomeado Socio de honor da Asociación de Juristas Gallegos en Madrid

Feijóo destaca que a liberdade non é posible máis que naqueles países nos que o dereito predomina sobre as paixóns

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, durante o acto no que foi nomeado Socio de honor da Asociación de Juristas Gallegos en Madrid, que "a liberdade non é posible máis que naqueles países nos que o dereito predomina sobre as paixóns". Durante o acto, o mandatario galego avogou así por "velar activamente polo Estado de Dereito" desde as súas responsabilidades e "confiar sempre en que tamén outros o fagan".

Madrid, 20 de xaneiro de 2011. - O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, durante o acto no que foi nomeado Socio de honor da Asociación de Juristas Gallegos en Madrid, que "a liberdade non é posible máis que naqueles países nos que o dereito predomina sobre as paixóns". Durante o acto, o mandatario galego avogou así por "velar activamente polo Estado de Dereito" desde as súas responsabilidades e "confiar sempre en que tamén outros o fagan".

Neste sentido, o titular do Goberno autonómico sinalou que "para un galego é perfectamente compatible respectar a orde establecida e, ao mesmo tempo, participar e mesmo liderar calquera análise que permita mellorala". Unha actitude que, proseguiu Feijóo, "ten moito que ver" coas dúas grandes teorías sobre a ciencia xurídica: "A idea de quen ve no dereito a consolidación da cultura dos pobos, e a teoría que alude á lei como forxadora da vida dos mesmos".

A cultura común que nos une transformouse ao largo do tempo nunha tradición xurídica compartida, e a súa vez esa tradición foi xerando novos códigos que melloran a nosa convivencia", puntualizou Feijóo. E concluíu: "A civilización e a democracia non son máis que a loita de impor a forza da lei sobre a lei da forza".

O acto no que presidente Núñez Feijóo foi nomeado Socio de Honra da Asociación de Xuristas Galegos en Madrid tivo lugar na Casa de Galicia, onde se deron cita máis de duascentas persoas, entre as que había destacadas personalidades políticas, xurídicas, do mundo empresarial, do mundo da comunicación e das entidades galegas en Madrid. Nel interviñeron, ademais do presidente de Galicia, o presidente da Asociación de Xuristas Galegos en Madrid, Carlos Lema Devesa, o secretario da entidade, José Luis Rodríguez Villasante, que leu a acta de concesión, e o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega.

21 Xaneiro 2011
Notas de prensa
Imaxes