O presidente de IURISGAMA, Carlos Lema Devesa, presenta na Casa de Galicia en Madrid o seu libro, “Ilustres Xuristas Galegos”

Notas de prensa
10/14/2022
10/14/2022
14/10/2022

O presidente de IURISGAMA, Carlos Lema Devesa, presenta na Casa de Galicia en Madrid o seu libro, “Ilustres Xuristas Galegos”

Madrid, 13 de outubro de 2022.- O director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano, deu a benvida ao presidente de Iurisgama, Catedrático de Dereito mercantil e autor do libro “Ilustres Xuristas Galegos”, D. Carlos Lema Devesa, que estivo acompañado polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices e o ex presidente do Tribunal Constitucional, Juan José González Rivas.

O libro recolle dezanove breves biografías de “excelentes xuristas galegos” do século XX, cuxos méritos transcenden as fronteiras de Galicia. Lema destacou que “se trata de dar a coñecer non só no mundo do Dereito, senón en xeral para a sociedade galega, a figura de xuristas que se distinguiron nas súas respectivas profesións e que constitúen un exemplo para a mocidade de Galicia”.

O presidente de Iurisgama foi presentado polo ex presidente do Tribunal Constitucional, Juan José González Rivas.

Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia, clausurou a presentación dicindo que o libro de Lema Devesa constitúe "Unha merecida homenaxe, a través dalgúns das súas máis xenuínos representantes, ao mundo do dereito no seu conxunto, que ordena e facilita a convivencia". 

Santalices aproveitou a presentación para felicitar ao director, Juan Serrano, polo seu recente nomeamento e desexarlle unha xestión exitosa. "Os que sabemos da súa capacidade de traballo, estamos seguros de que converterá a esta Casa nun potente faro de galeguidade na capital de España", afirmou Santalices. 

Ao finalizar o acto fíxose entrega dun exemplar do libro a cada asistente. 
 

14 Outubro 2022
Notas de prensa
Imaxes