Ónega e unha delegación de directivos galegos en Madrid son recibidos polo embaixador de Israel

Notas de prensa
10/11/2011
10/11/2011
11/10/2011

Ónega e unha delegación de directivos galegos en Madrid son recibidos polo embaixador de Israel

Madrid, 11 de outubro de 2011. - O delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, acompañou hoxe a unha delegación de directivos das asociacións galegas en Madrid nun encontro co embaixador de Israel, Alon Bar, para informalo da viaxe de peregrinación a Terra Santa que membros destas asociacións realizarán entre os próximos días 17 e 27, así como da intención de celebrar en breve na Casa de Galicia de Madrid dunha mesa de debate sobre as relacións hispanoisraelíes.

 Acudiron ao encontro, ademais de Ónega, Carlos de Blas, coordinador xeral da asociación cultural Orde da Vieira, entidade que organiza a viaxe; José Luis López Pardo, editor e presidente da asociación Culturas do Mediterráneo; Carlos Lema Devesa, catedrático de Dereito Mercantil e presidente da Asociación de Xuristas Galegos en Madrid (Iurisgama); Julio Lage González, director xeral da Fundación I+E Innovación España e presidente da Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama) e José Cerdeira Taboada, director de Aegama, quen desenvolveu dúas conferencias informativas, previas á viaxe, sobre as orixes de Israel e o conflito árabe-israelí.

 Nunha intevención ante o embaixador, Ónega citou personaxes galegos que acolleron os xudeus na súa fuxida do nazismo: o doutor vigués Eduardo "Lalo" Martínez Alonso, pai de Patricia Martínez, que recolleu a súa odisea nun libro, que ten o recoñecemento de "Xusto entre as nacións", e ás irmás Touza -Lola, Amparo e Julia-, coñecidas como as "Heroínas do silencio", que ocultaban aos fuxitivos e, dende Ribadavia, os levaban ata a fronteira con Portugal. O Centro Peres pola Paz plantou nos outeiros de Jerusalén unha árbore co nome de Lola Touza.

 Ademais, o delegado da Xunta de Galicia en Madrid entregou ao embaixador un exemplar do libro "Os xudeus no Reino de Galicia", do que é autor.

11 Outubro 2011
Notas de prensa
Imaxes