Ónega participa nun acto de promoción da Mancomunidade Terra Chá, en Fitur
O delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, participou hoxe nun acto de promoción da Mancomunidade Terra Chá que tivo lugar en Fitur. Ónega resaltou as bondades desta bisbarra xunto ao seu presidente, Armando Castosa, que tamén fixo unha ampla exposición sobre ela, e a delegada da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias.
Madrid, 1 de febreiro de 2013. - O delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, participou hoxe nun acto de promoción da Mancomunidade Terra Chá que tivo lugar en Fitur. Ónega resaltou as bondades desta bisbarra xunto ao seu presidente, Armando Castosa, que tamén fixo unha ampla exposición sobre ela, e a delegada da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias.
O delegado acompañou hoxe o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na presentación que fixo en Fitur de "Galicia Me gardas o segredo? Experiencias por descubrir".