A Orde do Camiño de Santiago entrega a súa Medalla de Ouro ao embaixador de Xapón en España, na Casa de Galicia en Madrid

Notas de prensa
12/16/2015
12/16/2015
16/12/2015

A Orde do Camiño de Santiago entrega a súa Medalla de Ouro ao embaixador de Xapón en España, na Casa de Galicia en Madrid

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia foi esta tarde o escenario da entrega da Medalla de Ouro da Orde do Camiño de Santiago, que preside o exsenador Miguel Pampin Rúa, ao embaixador de Xapón en España, Kazuhiko Koshikawa, polo seu defensa dos valores do Camiño de Santiago. A Medalla foille imposta ao embaixador por Pampin Rúa e o diploma que a acredita foille entregado polo secretario xeral da Orde, Alfonso Barcia Raposo, en presenza de, entre outros, o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López.

No acto interviñeron o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, o vicepresidente executivo da Orde, Alejandro Rubín Carballo, o embaixador homenaxeado e o presidente e gran maestre da Orde e presidente do Foro Universitario Europeo Reyes Católicos, Manuel Pampin Rúa. Na mesa tamén estaba o secretario xeral da Orde, Alfonso Barcia Raposo, e entre o público figuraban o embaixador da República Dominicana, Aníbal de Castro; a viceconsejera de Políticas Sociais e Familia da Comunidad de Madrid, Belén Prado Sanjurjo, o secretario da Embaixada de Xapón Hiroki Inaoka e outros membros da misión diplomática nipoa, representantes de empresas e axencias de turismo xaponesas en España e da colectividade xaponesa en Madrid, o comendador en Madrid da Orde, Jaime Rodríguez Barba, e membros do seu Consello como Manuel Novás Caamaño.

Ónega, anfitrión do acto, dió a benvida aos asistentes, lembrou as boas relacións entre Galicia e Xapón e o percorrido do príncipe herdeiro de Xapón dun treito do Camiño de Santiago xunto ao presidente Feijóo, atopou lugares comúns entre os dous pobos (a gastronomía, a cortesía e a choiva, entre outros), aludiu á entrega, o pasado mes de xullo, ao embaixador do Diploma de recoñecemento da Casa de Galicia e trasladou a Koshikawa o saúdo e a felicitación do presidente de Galicia.

“Esta é unha condecoración moi especial que recibo en nome do pobo xaponés polo interese que cada ano mostran os xaponeses no Camiño de Santiago”, manifestou, tras serlle imposta a Medalla, o embaixador Koshikawa. Tamén lembrou momentos que viviu en Santiago, á que se referiu como “unha cidade viva, dinámica e que respira alegría por todos os seus recunchos”. “O Camiño de Santiago é moito máis que unha peregrinación. É un lugar de encontro de toda a humanidade no que se fala a linguaxe da fraternidade e a esperanza”, afirmou, facendo referencia ao gran número de xaponeses que o fan cada ano e sinalando que Xapón tamén ten camiños de peregrinación e un deles, o Camiño de Kumano, está hermanado co de Santiago desde 1998.

Previamente interviñera Rubín Carballo, que leu o acordo de concesión da medalla de Ouro da Orde do Camiño de Santiago a Koshikawa, tomado en sesión extraordinaria celebrada na súa sede de Santiago de Compostela, a proposta de Jaime Rodríguez Barba, e por unanimidade dos seus membros. O vicepresidente da Orde resaltou os méritos que concorren en Koshikawa, entre eles “a súa vida exemplar, a súa calidade humana, o seu prestixio e defensa dos valores do Camiño de Santiago”. “Sirva tamén este acto para agradecer, na súa persoa, ao pobo xaponés que acode masivamente como peregrino todos os anos a Santiago”, engadiu.

O acto pechouse coa intervención de Pampin Rúa, quen relacionou os Camiños de Xapón e os de Santiago e aludiu aos peregrinos xaponeses que cada ano atópanse nestes últimos. En base a esas circunstancias, explicou, concedéuselle a Medalla ao embaixador Koshikawa, “recoñecendo nel o interese do pobo xaponés e as autoridades pola cooperación para que cada día increméntese a colaboración”. “Hoxe fixemos xustiza co pobo de Xapón e con vostede”, mantivo.

16 Decembro 2015
Notas de prensa