Os CAMIÑOS DE SANTIAGO PREMIADOS POLA REVISTA ESPECIALIZADA VIAJAR COMO MELLOR DESTINO NACIONAL 2022
Madrid, 29 de novembro de 2022.- Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid, asistiu á celebración dos Premios Viajar Turismo Sustentable. Trátase dun encontro para premiar o labor de iniciativas, destinos e aloxamentos públicos ou privados do sector, que satisfán as expectativas dos viaxeiros e, ao mesmo tempo, atenden ás necesidades económicas, sociais e ambientais.
Especial relevancia tiveron os Camiños de Santiago, premiado como o Mellor Destino Nacional 2022, o que pon de manifesto unha vez máis a magnitude da conmemoración desta celebración a través da internacionalidade do CAMIÑO DE SANTIAGO, así como a difusión da oferta xeral de Galicia ao redor do Ano Santo.
Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid, aproveitou a ocasión para poñer en valor un modelo de turismo do que o ex presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e agora o actual presidente Alfonso Rueda, da man de Nava Castro, directora de turismo de Galicia ocupáronse de potenciar e poñer no mapa a nivel internacional dando oportunidades non só a cidades, como Santiago de Compostela, senón tamén, a pequenos pobos que fixeron do Camiño de Santiago a súa forma de vida, e sendo motor económico e turístico de moitas comarcas.