PORTOMARÍN FAI OFICIAL A SÚA CANDIDATURA NA CASA DE GALICIA A SER POBO FERRERO ROCHER PARA ESTE NADAL
Madrid, 11 de novembro de 2022.- Juan Serrano acompañou ao alcalde de Portomarín, Pablo Rivas, anunciou que o pobo lucense é un dos finalistas, o único galego, para ser sede da iluminación da marca de bombones.
Portomarín é un dos sete finalistas para iluminar as súas festas e ser sede do anuncio do Nadal de Ferrero Rocher. Trátase da novena edición da iniciativa “Xuntos brillamos máis”, que quere que un dos pobos máis emblemáticos de España brille nun Nadal cheo de luz e alegría.
Portomarín destaca polo seu “encanto, riqueza cultural, gastronomía e o poder de acollida dos seus veciños”, afirmou Serrano na presentación. Astorga, con quen comparte o roteiro francés, é quen apoia a candidatura do pobo lucense e fai de padriño, un apoio que Rivas agradeceu publicamente.
Para que Ferrero Rocher instale as súas luces en Portomarín, a partir deste xoves iníciase unha votación aberta a todos os públicos que durará ata o 30 de novembro. Pódese participar a través da páxina web de «Xuntos brillamos máis». Os tres que máis votos teñan pasarán á seguinte fase, a partir do 1 de decembro, cando se abrirá outra nova rolda de votacións. Finalmente, o 12 de decembro coñecerase o pobo gañador. Juan Serrano non dubidou en pedir o apoio para o Portomarín, onde foi rexedor ata o ano pasado.