A presentación da XLIII edición do Cocido de Lalín en Madrid estivo presidida por Ana Pastor, Carmen Pardo, o alcalde José Crespo, José Ramón Ónega e o empresario Manuel Domínguez

Notas de prensa
02/03/2011
02/03/2011
03/02/2011

A presentación da XLIII edición do Cocido de Lalín en Madrid estivo presidida por Ana Pastor, Carmen Pardo, o alcalde José Crespo, José Ramón Ónega e o empresario Manuel Domínguez

Celebrarase o 27 de febreiro na localidade pontevedresa e é a primeira festa do ano en España declarada de Interese Turístico Nacional.

"Lalín é a capital de Galicia", dixo o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega López, na presentación da XLIII edición da Festa do Cocido, declarada de Interese Turístico Nacional, "polo menos iso é o que desexa o seu alcalde, para o denominado Kilómetro Cero da Comunidade galega", engadiu. No acto interviñeron a vicepresidente do Congreso e comendadora da festa, Ana Pastor Julián; a secretaria xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo; o alcalde da localidade, José Crespo e o empresario galego afincado en Madrid, Manuel Domínguez.

Madrid, 3 de febreiro de 2011. "Lalín é a capital de Galicia", dixo o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega López, na presentación da XLIII edición da Festa do Cocido, declarada de Interese Turístico Nacional, "polo menos iso é o que desexa o seu alcalde, para o denominado Kilómetro Cero da Comunidade galega", engadiu. No acto interviñeron a vicepresidente do Congreso e comendadora da festa, Ana Pastor Julián; a secretaria xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo; o alcalde da localidade, José Crespo e o empresario galego afincado en Madrid, Manuel Domínguez.

"Din que o cocido é unha bomba, pero nunca matou a ninguén; e despois de tomarche un quédaste como unha rosa e faite ver o ceo, como moi ben sabía o astrónomo Ramón Aller, que colocou a Lalín en todos os círculos científicos do mundo," dixo Ónega antes de ceder a palabra ao alcalde.

Para Crespo, "o cocido é máis que un prato e cada ano achegamos á festa algunhas innovacións para que máis xente nos coñeza. De paso, toman contacto coa industria comarcal da moda, cos atractivos turísticos como os pazos ou os 30 castros que nos converten no municipio con máis castros de España... ". O alcalde deu a coñecer aos medios e profesionais que acudiron á Casa algunhas da actividades programadas como o pregón, que correrá a cargo da xornalista de TVE Mariló Montero; o cartel anunciador, realizado polo artista Antón Pulido, amigo e discípulo de Laxeiro -e que ademais expuxo na Casa hai algúns anos-, o desfile de carrozas; a cata comentada; o certame de cine; a gala; a "Lalín port cart"; a recuperación da matanza tradicional que cada ano acolle unha das 51 parroquias que compoñen o concello; ou que o cupón da ONCE do día 27 se dedicará ao cocido de Lalín.

Pola súa banda, Carmen Pardo estableceu un claro paralelismo entre Lalín e Madrid: "Madrid é o Km 0 de España e Lalín éo de Galicia" e destacou a estupenda comunicación que ten coa meseta, tanto por estrada coma por frecuencia aérea para animar ao desprazamento, "porque merece a pena". Pardo valorou tamén o grande esforzo que realizan en Lalín por difundir este evento, dende 1969 e que é a antesala do carnaval.

Para Ana Pastor, o cocido é un "prato completo porque ten graxa, proteinas e hidratos de carbono, todo o necesario" e avogou por defender a dieta atlántica, non en van "os galegos e os xaponeses somos os máis lonxevos do planeta e isto será por algo", asegurou.

En Madrid, os que o desexen, poderán degustar o cocido de Lalín dende o 3 ao 28 de febreiro nos restaurantes Combarro e Sanxenxo e así díxoo Manuel Domínguez. Hai tres anos empezouse por dedicar unha semana, logo duas e agora un mes, porque "o cocido de Lalín é outra cousa" e imos lograr "que sexa o prato da tempada".

03 Febreiro 2011
Notas de prensa
Imaxes