A presentación do libro de Ramón Trillo congrega na Casa de Galicia ás principais autoridades xudiciais de España

Notas de prensa
10/16/2024
10/16/2024
16/10/2024

A presentación do libro de Ramón Trillo congrega na Casa de Galicia ás principais autoridades xudiciais de España

O ex presidente da Sala Terceira do Tribunal Supremo presentou 'Una tercera apócrifa, diálogos de Cataluña y otros escritor profanos'

A Casa de Galicia en Madrid foi o escenario elixido polo ex presidente da Sala Terceira do Tribunal Supremo, Ramón Trillo, para a presentación do seu libro 'Una tercera apócrifa, diálogos de Cataluña y otros escritos profanos'. Baixo este título, o maxistrado galego reúne moitos dos artigos publicados en distintos medios nos últimos anos. 

Na presentación, presidida polo director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, participaron o director da Real Academia Española, Santiago Muñoz Machado, e o presidente emérito do Tribunal Constitucional, Antonio Xiol Ríos. 

Ao acto asistiron o presidente do Tribunal Constitucional, Cándido Conde-Pumpido; a presidenta do Tribunal Supremo e do Consello Xeral do Poder Xudicial, Isabel Perelló; o presidente da Audiencia Nacional, José Ramón Navarro; e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, Celso Rodríguez Padrón, entre outros representantes da maxistratura.

A Sala Emilia Pardo Bazán quedou pequena para acoller a case un centenar de asistentes á presentación das reflexións de Ramón Trillo.

16 Outubro 2024
Notas de prensa
Imaxes