PRESENTACIÓN DO LIBRO “FARRUCA” DE BELÉN PRESAS NA CASA DE GALICIA EN MADRID

Notas de prensa
10/21/2022
10/21/2022
21/10/2022

PRESENTACIÓN DO LIBRO “FARRUCA” DE BELÉN PRESAS NA CASA DE GALICIA EN MADRID

Madrid, 19 de outubro de 2022.- A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación do poemario Farruca da xornalista Belén Presas, que estivo acompañada por Toni Alcolea, editor do libro e por Ferran Garrido, presentador de RTVE.

Belén Presas, nacida en Vigo en 1992, traballou en medios de comunicación, organismos internacionais e actualmente centra a súa actividade na empresa privada, especializada nas áreas de recursos humanos e comunicación corporativa. 

Para escribir os seus poemas, Belén inspírase no cotián, “as persoas, os sentimentos e a beleza que se atopa en calquera lugar tentando ver a vida e as situacións cos ollos dos demais” afirmou a autora.

“Farruca” achega unha visión intimista e á vez universal do mundo e os nosos sentimentos, explorando a claridade que outorga o sufrimento, o amor como reflexo da persoa amada e o paso do tempo como unha viaxe transformadora que nos ofrece oportunidades cada día. Con este poemario, a autora aspira a aceptar a vida e os seus distintos momentos, gozando do inesperado da viaxe.

Pola súa banda, Ferran Garrido non dubidou en afirmar que “este é o libro que me gustase escribir a min”.
 

21 Outubro 2022
Notas de prensa
Imaxes