PRESENTACIÓN DO POEMARIO “PESADELO DA CREACIÓN” NA CASA DE GALICIA

Notas de prensa
11/10/2022
11/10/2022
10/11/2022

PRESENTACIÓN DO POEMARIO “PESADELO DA CREACIÓN” NA CASA DE GALICIA

Madrid, 10 de novembro de 2022.- A Casa de Galicia, deu a benvida á poeta Branca Vilela que presentou o seu libro “Pesadelo da Creación” xunto a Vicente Araguas, crítico literario e Javier Dámaso, catedrático de Dereito e poeta. 

Branca Vilela é nacida en Fisterra, A Coruña. Os seus poemas están presentes en diferentes universidades de E.U. e foron traducidos ao inglés, francés ou árabe, entre outros idiomas.

“Pesadelo da creación” é un poemario “escrito desde o máis profundo, desde as vísceras” afirmou Javier Dámaso.

Pola súa banda, Vicente Araguas cualificou a Branca Vilela como unha “poeta superdotada cun léxico contundente e unha forza irresistible que brota a gallarón na súa poesía”.

O acto finalizou coa lectura dalgúns poemas por parte de Branca Vilela que expresou o seu agradecemento á Casa de Galicia por acoller o seu libro e co expreso desexo de regresar pronto a esa que considera “casa de todos os galegos”.
 

10 Novembro 2022
Notas de prensa
Imaxes