PRESÉNTASE NA CASA DE GALICIA “O QUE FOI”, DE JUAN FARIÑA

Notas de prensa
04/12/2023
04/12/2023
12/04/2023

PRESÉNTASE NA CASA DE GALICIA “O QUE FOI”, DE JUAN FARIÑA

Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid, deu a benvida a Juan Fariña, que presentou, “Ou que foi”, segunda obra da súa carreira como escritor que se centra na desaparición dos pobos que asolagou o encoro de Belesar, centrándose en Portomarín. 

Fariña contou na presentación que se documentou moitísimo. “Falei con xente de alí que me contou cousas interesantes do pasado. Eu destacaría as conversacións cos do pazo de Berbetoros e con Pereira, que é a memoria fotográfica de Portomarín. Meto personaxes no libro como Barrié da Maza ou Carmen Polo. Tanto no pasado como no presente hai personaxes ficticios e reais”, asegurou o autor da obra.

Con esta novela, Fariña quere transmitir como a avaricia humana xera moito máis dano do beneficio que vai xerar. E ese beneficio non redunda en favor da sociedade xa que embalsar cincuenta quilómetros de río prexudicou gravemente á economía, historia e a unha sociedade que saltou polo aire. Juan Fariña considera que este foi un dos primeiros motivos que levaron á xente do rural a abandonar os seus pobos de forma masiva.
 

12 Abril 2023
Notas de prensa
Imaxes