PRESÉNTASE NA CASA DE GALICIA “OCHO PERROS” DO ESCRITOR MANUEL ORÍO
O director da Casa de Galicia, Juan Serrano, deu a benvida no día de onte á presentación do libro de Manuel Orío “Ocho Perros”
O xornalista e columnista de Atlántico, do que foi director, presentou a súa segunda novela, “Ocho perros” que nesta ocasión mergúllase no mundo da intriga e do crime, e que ten como escenario as rúas de Vigo, “cidade que Manuel coñece como ninguén grazas ao seu traballo como xornalista”, contextualizou Juan Serrano.
A novela editada por Editorial Elvira mergúllase no xénero negro tendo como escenario Vigo nos sempre evocadores anos 80. Ao finalizar a presentación o autor asinou exemplares acompañado polo editor, Xabier Romeu; o prestixioso economista, Miguel Marías, e Raúl Santidrián, recoñecido xornalista.