Proxección especial de "A estación violenta", da directora pontevedresa Anxos Fazáns nos Cinemas Yelmo Ideal de Madrid
Mañá xoves día 21, ás 20 horas e nos cinemas Yelmo Ideal de Madrid (Calle del Doctor Cortezo, 6, 28012 Madrid), proxectarase a película "A estación violenta", da xove directora pontevedresa Anxos Fazáns; "unha obra humilde no económico pero moi valente e fermosa". O acto contará co escritor e xornalista Manuel Jabois, autor da novela na que se basea a película, e tamén do novelista José Ángel Mañas -autor de "Historias del Kronen", novela que se converteu na icona de toda unha xeración e que foi levada á pantalla por Montxo Armendáriz-. Estará moderado por Beatriz Martínez -crítica de cinema en Fotogramas, El Periódico, Tentacións del País, e membro do comité de redacción de Caimán-Cadernos de cinema, Time Out, Rockdelux-.
"A estación violenta" é a ópera prima de Anxos Fázans. A película é a máis recente sorpresa do cinema indie galego e signo inequívoco da súa puxanza creativa. O filme participou na Sección Resistencias do Festival de Cinema Europeo de Sevilla, no prestixioso Festival BAFICI de Buenos Aires, dentro da Sección Óperas primas e na sección competitiva Talent do Festival de Cinema D"Autor, entre outros. Ao ritmo vibrante do rock galego, Fazáns debuxa un retrato xeracional feito de ausencias, soños perdidos e noites sen fin. Unha cinta de sensacións e sentimentos que leva á pantalla a intimidade desgarrada dos seus protagonistas.
A película proxectarase en versión orixinal en galego.
Pase: Proxección especial da película "A estación violenta"
Cándo: Xoves 21 de xuño, ás 20:00h.
Onde:Yelmo Cinemas Ideal (Calle del Doctor Cortezo, 6, 28012 Madrid)
Para máis información, crearon un evento en Facebook:
https://www.facebook.com/events/2036046396662839/
Tamén está o link do cinema:
http://www.yelmocines.es/sinopsis/la-estacion-violenta
E o da venda anticipada de entradas: