Representantes das rexións compradoras do proxecto EMPATTICS reuníronse na Delegación da Xunta en Madrid para puntuar as ofertas na segunda fase
Representantes das rexións compradoras do proxecto EMPATTICS, cofinanciado pola Comisión Europea no marco do programa Horizonte 2020 e liderado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde ( ACIS), reuníronse hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia para puntuar as ofertas técnicas presentadas para a segunda fase das tres nas que se divide o proxecto. Foron recibidos polo delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega, quen lles dió a benvida e desexoulles unha boa xornada de traballo.
EMPATTICS (acrónimo de Empowering Paients for a better Information and improvement of the Communication Systems-Capacitar aos pacientes para unha mellor información e mellora dos sistemas de comunicación) é un proxecto de compra pública precomercial liderado pola Xunta de Galicia a través da ACIS, unha axencia pública autonómica adscrita á Consellería de Sanidade, no que participan sete entidades de cinco países europeos diferentes.
O obxectivo de EMPATTICS é a adquisición de tecnoloxías innovadoras no ámbito da saúde que axuden ao empoderamiento dos pacientes crónicos e que redunden nun maior autocoñecemento e autoxestión das súas enfermidades, reducindo así as crises agudas e hospitalizacións e mellorando por tanto a calidade de vida destes pacientes.
O encontro de hoxe na Delegación da Xunta reuniu aos representantes de dous das entidades integrantes do consorcio (o Servizo Aragonés de Saúde e a Rexión de Dinamarca Central) cos representantes de ACIS co obxectivo de fixar as puntuacións definitivas das ofertas técnicas presentadas polos contratistas elegibles para a segunda fase das tres nas que se divide o proxecto.