Representantes do sector pesqueiro negocian na Casa de Galicia o Plan de Xestión de Explotación para 2015
Representantes do sector pesqueiro de cerco das comunidades autónomas de Galicia, País Vasco, Cantabria, Asturias e Andalucía celebraron hoxe unha reunión de traballo na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia para negociar un acordo sobre o Plan de Xestión de Explotación da sardiña para o próximo ano, que tivo restricións. A cota de captura mantense nas mesmas 20.500 toneladas que o ano pasado para toda a península.
Deulles a benvida á Casa o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, quen lles ofreceu as súas instalacións tamén para futuras reunións de traballo. Por parte do sector galego acudiron o secretario da Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (ACERGA), Alberto Castro García, e o representante legal da Asociación, Andrés García Boutereira.
Os representantes españois do sector reuniranse proximamente cos portugueses para continuar as negociacións, pois a cota é para toda a península.