Rueda destaca na Casa de Galicia en Madrid a USC como emblema de identidade e aposta pola investigación e innovación que hai en Galicia

Notas de prensa
03/06/2025
03/06/2025
06/03/2025

Rueda destaca na Casa de Galicia en Madrid a USC como emblema de identidade e aposta pola investigación e innovación que hai en Galicia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe na Casa de Galicia en Madrid a contribución da Universidade de Santiago para facer de Galicia un referente na investigación e transferencia de coñecemento e lembrou que se trata dunha institución histórica que é un emblema da identidade galega e embaixadora do que significa Galicia calidade por todo o mundo.

O xefe do Executivo galego estivo acompañado polo director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos que destacou a labor que a USC leva facendo desde hai máis de cinco séculos, e abríu a porta a futuras actividades de ALUMNI USC na representación da Xunta de Galicia na capital. O presidente fixo fincapé na aposta da Xunta por consolidar ás universidades galegas como centros de primeiro nivel e facilitar o acceso á formación superior ao conxunto da cidadanía.

Nesta liña, lembrou que Galicia foi pioneira este curso ao implantar a gratuidade de matrícula, logo de 14 anos coas taxas conxeladas e os prezos máis baixos do conxunto das comunidades autónomas. Tamén recordou o Plan de financiación acordado coas tres universidades galegas -dotado de 3.200 millóns de euros ata 2026 e que lles permite facer unha planificación máis a longo prazo das súas actividades- así coma o compromiso de destinar, ao longo desta lexislatura, o 1% do PIB galego ás universidades.

06 Marzo 2025
Notas de prensa
Imaxes