SERRANO DESTACOU QUE "INEFABLE" É A PALABRA EXACTA QUE DEFINE A OBRA DO ARTISTA PONTEVEDRÉS

Notas de prensa
10/05/2022
10/05/2022
05/10/2022
O director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano, inaugurou a exposición do artista Fernando Carballa que leva por título: “Materia do Inefable”.

SERRANO DESTACOU QUE "INEFABLE" É A PALABRA EXACTA QUE DEFINE A OBRA DO ARTISTA PONTEVEDRÉS

Madrid, 5 de outubro de 2022.- O director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano presentou onte a exposición do artista pontevedrés Fernando Carballa, que leva por título: “Materia do inefable”, coa que o polifacético artista deleitou ao público que gozou con obra de Carballa.

A guionista Caridade Fernández, foi a encargada de presentar ao artista. Fernández dixo, “que o traballo de Fernando fala en por si”, facendo súas as palabras de Paul Klee: “a arte non expresa o visible senón que fai visible o inefable”. 
Fernández puxo de manifesto o proceso creativo de Carballa, e sinalou que se tivese que utilizar un verbo sería o de “descifrar”, xa que neste proceso, a materia ten unha participación crucial, pois xunto coa técnica, exercen unha tarefa de mediación entre a experiencia do artista e a obra, que podemos ver e tocar, convidando os presentes a “descifrar, sen tentar con iso reproducir o proceso do artista”.
O catálogo, elaborado pola Casa de Galicia para Fernando Carballa, inclúe un texto introdutorio da profesora de Lingua castelá e literatura, Lola Varela, no que apunta que: “O inefable podería expresarse a través de diferentes sistemas sígnicos como a poesía, a música, a pintura... ou, simplemente o silencio”.

A exposición “Materia do inefable” poderá visitarse nas salas A e B da Casa de Galicia  en Madrid ata o próximo 28 de outubro, en horario, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos: de 10 a 14 horas.
 

05 Outubro 2022
Notas de prensa
Imaxes