Tenda Pop up "GALICIA. SABERES E SABORES", no Palacio de Santa Bárbara
O Palacio de Santa Bárbara, situado na zona de Tribunal, (rúa Hortaleza, 87) acollerá do 15 ao 26 deste mes de novembro a TENDA POP UP GALICIA. SABERES E SABORES na que se mostrará unha ampla selección de pezas de máis de 50 artesáns de diferentes puntos de Galicia e que se acompañarán con degustacións e venda de produtos gastronómicos galegos.
TENDA POP UP GALICIA. SABERES E SABORES é unha iniciativa organizada pola Fundación Centro Galego dá Artesanía e do Deseño da Xunta de Galicia, en cuxas xornadas, ademais de artesanía e degustacións, ofrecerase para todos os públicos un elaborado programa de actividades, (Adxúntase en imaxes), con talleres, catas e degustacións, eventos para familias, showcookings... ¡Unha xanela a Galicia desde o corazón de Madrid!
Horarios de visitas:
Luns a xoves: 12,30-21,30 horas
Venres e sábados: 12,00-21,30 horas
Domingos:12,00-21,30 horas
Máis información: