23/03/2015
Urbano Cabrera celebra en Madrid os corenta anos da súa traxectoria cun concerto cos seus temas máis destacados
A Casa de Galicia acolleu esta tarde o concerto acústico e intimista do cantautor galego, natural da localidade pontevedresa de Baiona, Urbano Cabrera que ofreceu para conmemorar os corenta anos de traxectoria profesional cos temas máis destacados da súa densa carreira. No acto tamén se proxectou o videoclip Ninguén escoitou, do director cinematográfico Pablo Aragüés.
A presentación do acto correu a cargo do coordinador de actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez e nas súas palabras sinalou que o estilo de Urbano Cabrera "móvese entre o blues, o rock e as baladas country". También destacou "as cuidadas letras" de Cabrera, que son "una mezcla de cancions de temática social-reivindicativa, amor e desamor, propias da canción de autor, con influencias de Bob Dylan, Leonard Cohen, Eric Clapton, Van Morrison ou José Afonso".
Urbano Cabrera conta no seu haber, ata agora, con tres discos, que son "Tarantela", de 1998; "Segundo Andar", do ano 2000; y "Penalba", do 2003. Jiménez lembrou que precisamente "nesta Casa o coñecemos cando apareceu un deles, cuxa presentación acompañou cun concerto".
O coordinador comentou también "unha averiguación off de record" que lle facilitaron as súas fontes, que "Urbano Cabrera é autor do tema A vida é Gondomar, himno oficioso da localidade".
Entre os temas seleccionados por Urbano para celebrar os 40 anos interpretou algúns dos máis significativos como "A lámpada máxica" (que alude aos desexos e metas que non chegan sen traballo); "Ninguén escoitou" (sobre os tristes feitos da guerra de Iugoslavia); "A cor da verdade" (que escribiu con só17 anos sobre a xusticia e a verdade); "Contando historias" (sobre as decisións e o destino); "Para chegar" (na que mostra que o camiño máis curto non é o mellor); "Con megas de deseño" (sobre os que asocian o triunfo a posesión de moitas cousas); ou "Marta" (un canto de amor a súa filla que era adolescente cando lla compuxo no ano 2000).
No concerto, Cabrera incluiu ademáis algunhas cancions novas do seu próximo traballo discográfico, cuxa edición está prevista para este ano 2015.
23 Marzo 2015
Notas de prensa