A Xunta Directiva da Sociedade Científica Española de Psicología Social prepara o seu próximo congreso na Casa de Galicia en Madrid
A Xunta Directiva da Sociedade Científica Española de Psicoloxía Social, que preside o catedrático da Universidade de Santiago de Compostela José Manuel Sabucedo, celebrou hoxe a súa reunión anual nas instalacións da Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia, onde foron recibidos polo delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega, como xa sucedese en anos anteriores. O encontro tratou, entre outras cuestións, a preparación do seu próximo congreso.
A reunión abordou a promoción de actos académicos, científicos e de formación na materia para todas as universidades españolas. Entre eles figuraba a organización do próximo congreso da Sociedade, bienal, que terá lugar en 2018, as escolas de verán, a promoción e os galardóns para os mozos investigadores españois e cuestións de xestión e administración.
A Sociedade conta con 300 membros activos, que representan a todas as provincias de España. Os membros da súa Xunta Directiva prodecen de universidades da Coruña (Santiago de Compostela), Madrid, Tenerife (A Lagoa), Baleares, Cataluña (Barcelona) e Andalucía (Xaén).
Máis información en www.sceps.es.