A Xunta Directiva de Asomega reuniuse na Casa de Galicia
A Sala L da Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a reunión da Xunta Directiva da Asociación de Médicos Galegos en Madrid, (ASOMEGA), na que trataron os temas máis relevantes que figuraban na súa orde do día. En principio, este será o último encontro da JD para este ano 2017.
Entre os asuntos que estudaron estaba o dos patrocinadores, para o que queda de exercicio e pensando xa no seguinte; o ciclo de conferencias que xa teñen en marcha pero está previsto que teña continuidade nos próximos meses; e tamén a entrega da Insignia de Ouro, outorgada ao Dr. Miguel Carrero, presidente de PSN.
Tamén trataron un avance da programación do próximo ano 2018 sobre o que xa están a traballar.
A reunión na Casa de Galicia, que durou máis de dúas horas, (de 19:00 a 21:30), contou coa asistencia de: Aniceto Luís Charro, presidente de honra; Raquel Alcalde, xerente; Inmaculada Ramos, vicepresidenta; Julio Ancochea, presidente; María Eugenia Blanco Cachafeiro, vocal; Xulia Buxán Varela, vicepresidenta; José Antonio Gegúndez, vocal; Julián García Feijóo, vicesecretario; e Adolfo de la Fuente, secretario.