A Xunta pon en valor a calidade da castaña galega nun acto na Casa de Galicia

Notas de prensa
10/07/2024
10/07/2024
07/10/2024

A Xunta pon en valor a calidade da castaña galega nun acto na Casa de Galicia

O director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, destacou a calidade deste produto autóctono certificada pola Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia

A Casa de Galicia en Madrid acolleu este luns un acto de promoción da castaña galega, enmarcado dentro da programación do mes de outubro 'Toma castaña. Galicia'. O acto, dirixido a profesionais da hostalería, restauración e distribución gourmet, contou cun espazo de degustación de pratos e sobremesas elaborados con produtos da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia polo chef Miguel Fernández Vidal.

O director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, estivo acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, e o presidente da IXP Castaña de Galicia, Jesús Quintá. 

O acto celebrouse na véspera da inauguración da feira Fruit Attraction, que se desenvolverá no recinto feiral do IFEMA ata o vindeiro xoves, e nel participaron profesionais galegos do sector hortofroitícola.

 

07 Outubro 2024
Notas de prensa
Imaxes