A XUNTA PRESENTA A XVI EDICIÓN DA CAMPAÑA DE OUTONO GASTRONÓMICO NA CASA DE GALICIA EN MADRID

Notas de prensa
10/18/2022
10/18/2022
18/10/2022

A XUNTA PRESENTA A XVI EDICIÓN DA CAMPAÑA DE OUTONO GASTRONÓMICO NA CASA DE GALICIA EN MADRID

- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, realizou a presentación da campaña xunto ao director da Casa de Galicia, Juan Serrano.
- Nesta campaña participan 73 casas rurais que ofertan 2 menús diferentes que inclúen na súa composición produtos galegos con certificación de calidade.

Madrid, 18 de outubro de 2022.- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto ao director da Casa de Galicia, Juan Serrano, presentou onte a edición número 16ª da campaña “Outono Gastronómico” na casa de Galicia en Madrid, onde puxo en valor o éxito desta iniciativa grazas á que se de a a coñecer a calidade da nosa gastronomía. 

Nesta edición da campaña participan 73 casas rurais das catro provincias galegas, que ofertan ata o 18 de decembro, dous menús deseñados especificamente para a campaña, incluíndo na súa composición produtos galegos con certificación de calidade. Dos 73 establecementos participantes, 22 atópanse na provincia da Coruña, 19 en Lugo, 17 en Ourense e 15 en Pontevedra.

Segundo explicou Nava Castro, esta edición mostra a relevancia que ten a campaña, tanto por parte dos locais colaboradores como do público que, ano a ano, participa nesta difusión da nosa oferta turística ao redor do ámbito rural.

Durante a súa intervención, a directora de Turismo de Galicia destacou que esta cita é unha gran oportunidade para a promoción de produtos singulares da gastronomía de Galicia así como das 5 denominacións de orixe dos viños e os licores tradicionais da nosa Comunidade.

Neste sentido, Castro destacou o poder desestacionalizador e diversificador desta iniciativa, xa que permite visibilizar e poñer en valor a riqueza dos nosos recursos rurais.

Toda a información sobre a campaña, establecementos adheridos e modalidades pode consultarse na web de Turismo de Galicia. 

18 Outubro 2022
Notas de prensa
Imaxes