O Turismo Rural de Galicia e o mellor da gastronomía autóctona de tempada danse a man para celebrar o ?19 Outono Gastronómico en Turismo Rural?. As cociñas e restaurantes das 78 casas rurais participantes nesta edición manterán os seus fogóns a pleno rendemento ata o 21 de decembro para ofrecer ao público os mellores produtos de tempada da gastronomía local de cada comarca galega.
Todos os venres, sábados e domingos ata antes de Nadal, a excepción do ponte da constitución (do 6 ao 8 de decembro), cada casa rural ofrecerá a un prezo especial dous menús alternativos (Menú Outono Gastronómico), especialmente concibidos para a ocasión, cos mellores produtos autóctonos de tempada, con receitas tradicionais, e maridados con viños dalgunha das cinco Denominacións de Orixe de Galicia.
Ademais do Menú Outono Gastronómico, tamén tes a posibilidade de elixir o Paquete Outono Gastronómico, que permite degustar o Menú Outono Gastronómico e pernoitar na casa de turismo rural elixida, ou gozar da oferta completa co Fin de semana Outono Gastronómico. E se queres compartir coa familia a fin de semana, podes apuntarche a ofértaa Fin de semana Familiar Outono Gastronómico? (1 ou 2 nenos/as).
Para redondear a experiencia, do mesmo xeito que en edicións anteriores, o público que acuda a esta promoción poderá gozar de actividades complementarias como paseos dacabalo, rafting, sendeirismo, visitas culturais etc., naqueles establecementos que oferten estes servizos, no que se denominou Outono Plus.
E todo iso, no medio de paraxes naturais de gran beleza nos que ríos e fervenzas de cristalinas augas, frondosos e coloridos bosques, o seu rico patrimonio cultural e as súas encantadoras vilas convídannos a deixarnos cativar e a gozar plenamente da tranquilidade do rural galego.
Consulta a listaxe de casas participantes, os menús, as actividades complementarias programadas, os prezos e as condicións da promoción no Folleto do 19 Outono Gastronómico.