Conferencia "OS REIS MAGOS: HISTORIA, TRADICIÓN E FANTASÍA", por Federico Fernández de Buján, Catedrático de Dereito Romano da UNED e escritor

Eventos
12/17/2014
12/17/2014
17/12/2014

Conferencia "OS REIS MAGOS: HISTORIA, TRADICIÓN E FANTASÍA", por Federico Fernández de Buján, Catedrático de Dereito Romano da UNED e escritor

-

Os Reis Magos responden ao nome tradicional de Melchor, Gaspar e Baltasar, pero ¿quen foron realmente? ¿que sabe a historia sobre eles? ¿que contan os Evanxelios? ¿que sentido relixioso tivo a adoración do Neno na súa Epifanía? A esta e a outras cuestións tratará de dar resposta Federico Fernández de Buján nesta interesante conferencia.

O catedrático de Dereito Romano Federico Fernández de Buján, membro correspondente da Academia de Xurisprudencia falaranos dos Reis Magos, personaxes entrañables aos que dedicou un par de libros "La Historia de los Reyes Magos" e "El viaje de los Reyes Magos", libros dirixidos a un público infantil. 

Só o Evanxelio de San Mateo menciónaos (Mt.2,1-12). O evanxelista disponnos para ler a crónica dun feito histórico. Deles non di apenas nada: “chegaron do Oriente uns magos a Xerusalén”. Non pertencen ao pobo elixido, representan á xentilidade.

A expresión “magos”, significa sabios da relixión zoroástrica, que tivo gran predicamento nos Imperios Medo, Persa e Asirio. A tradición cristiá encargouse de entretecer a súa intrahistoria.

En canto ao número, os testemuños protocristiáns fluctúan. Así, dous, tres, catro, seis ou incluso doce. Prevalece o número de tres coincidente co dos presentes, que defendera Orixes. Os seus nomes lense en Ravena nos mosaicos da Basílica de San Apolinar Novo. San Beda no século XII regálanos a súa imaxe: Melchor vello, cano, Gaspar novo e loiro e Baltasar de cute negra. Crese que representarían os tres continentes coñecidos.

A súa razón lévaos a descubrir o arcano, pero será ao poñerse de xeonllos ante ese Neno -en brazos da súa Nai, Sé da Sabiduría-, cando a razón, iluminada pola Fe e coa axuda do corazón, comprende o Misterio. Os Reis regálannos así, esa certeza que entende que Fides et ratio, Fe e razón, son proposicións complementarias tan necesarias onte como hoxe.

17 Decembro 2014
Eventos
Imaxes