Inauguración da exposición de pintura e debuxo "Galicia e o Camiño", de RAFAEL GIL CERRACÍN

Eventos
12/01/2016
12/01/2016
01/12/2016

Inauguración da exposición de pintura e debuxo "Galicia e o Camiño", de RAFAEL GIL CERRACÍN

-

Rafael Gil Cerracín, artista polifacético e autodidacta, que investiga e traballa con distintas técnicas pláticas, visita por segunda vez a Casa de Galicia en Madrid para presentar unha exposición onde a mestura de luz e cor adquiren total protagonismo. Debuxos e pinturas co común denominador das terras galegas ás que rende unha vez máis a súa particular homenaxe.

A mostra poderá visitarse ata o 30 de decembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

No ano 2012, Ano Santo, o pintor fixo o tramo da Ruta Xacobea, Camiño Francés, entre Mogarde (Lugo) e Compostela, en pouco máis de tres días; e desde hai varios anos pasa en familia algúns días en verán nas Rías Baixas na Mancomunidade de Val Miñor, preferentemente. Destas experiencias familiares entrañables recompiladas primeiramente en fotos, e plasmadas posteriormente en debuxos, acuarelas e pintura acrílica, xorde esta colección.

Para esta exposición o artista ofrécenos unha colección de "cadros que son unha mestura de luz e cor e, sobre todo, creatividade, innovando, como ao longo de toda a súa carreira como pintor", tal e como nos conta Inmaculada Gil Ruiz, historiadora da Arte e Estilista de Indumentaria, no prólogo do catálogo da mostra.

O pintor utiliza cores moi puras inspiradas na natureza, reflexo das impresións do artista nesta  contorna, de maneira máis simbólica que académica, en especial o místico violeta que o inunda todo, pero tamén o vermello luminoso, o verde relucente, o azul cerúleo ou o óxido azul verdoso propio da pintura simbolista, en concreto de Marc Chagall.

RAFAEL GIL CERRACÍN (Madrid, 1943). Aparellador, profesor e artista plástico. Estudou Arquitectura Técnica na Universidade Politécnica de Madrid, debuxo, gravado e modelado na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos de Madrid e na Escola de Aprendices da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. Metodoloxía didáctica. Debuxo asistido por computador.

Participou en numerosas exposicións individuais e colectivas.

 

01 Decembro 2016
Eventos