Presentación da XXXI FESTA DO PAN DE CEA, organizado polo Concello de San Cristovo de Cea

Eventos
06/25/2024
06/25/2024
25/06/2024

Presentación da XXXI FESTA DO PAN DE CEA, organizado polo Concello de San Cristovo de Cea

A tradición panadeira de San Cristovo de Cea está ligada á historia do Mosteiro Cisterciense de Santa Maria A Real de Oseira. Desde o século XIII, a "Vila do bo Pan" é referente da panadería na provincia e mesmo en toda Galicia e segue sendo a principal actividade agroindustrial deste municipio. 
Ademais, o Pan de Cea foi o primeiro en obter o selo de Indicación Xeográfica Protexida (IGP) de Pan de toda Europa, no ano 2005. Os primeiros domingos de xullo desde o ano 1991, celébrase no Campo da Saleta de Cea, a festa de Exaltación do Pan de Cea, un alimento sinxelo para padais exquisitos.
Este ano celebrarase os días 6 e 7 de xullo.

25 Xuño 2024
Eventos
Participantes
José Luis Valladares Fernández, alcalde do Concello de San Cristóbal de Cea
Carlos Manuel Rodríguez Rodríguez, presidente da IGP Pan de Cea
Imaxes