Rolda de prensa-presentación "XANTAR", 23º Salón Internacional de Turismo Gastronómico

Eventos
10/24/2022
10/24/2022
24/10/2022

Rolda de prensa-presentación "XANTAR", 23º Salón Internacional de Turismo Gastronómico

Certame organizado por Expourense

"Xantar" é a única feira internacional de Turismo Gastronómico recollida no calendario oficial de "Feiras Comerciais Internacionais" españolas.

Cunha traxectoria de 22 anos poñendo en valor os produtos agroalimentarios de calidade, a elaboración e o servizo profesional, converteuse nun referente para os destinos enogastronómicos máis punteiros, tanto de España como de Portugal. Esta diferenciación atrae ademais a outros participantes internacionais, fundamentalmente desde Iberoamérica.

Esta liña de internacionalización permitiu crear redes de cooperación en materia de Gastronomía e Turismo Sustentable e Saudable.

Este salón ofrece unha vinculación de carácter experiencial entre o expositor e o visitante a través e diversas accións, que fusionan a tradición e innovación propia dos territorios presentes en Xantar en forma de exhibicións, catas temáticas, cociña en directo e moitas máis iniciativas que suceden durante cinco días de intensa actividade.

Dentro dos obxectivos do salón atópase a dinamización do rural a través da enogastronomía e do turismo, promovendo produtos innovadores que destacan pola súa materia prima e calidade.

"Xantar, 23º Salón Internacional de Turismo Gastronómico", se celebrará en Expourense entre o 9 e o 13 de novembro de 2022.

24 Outubro 2022
Eventos
Imaxes