O xornalista e investigador pronunciou na Casa a conferencia "Galicia, un observatorio do exército nazi durante a II Guerra Mundial"

Notas de prensa
01/24/2011
01/24/2011
24/01/2011

O xornalista e investigador pronunciou na Casa a conferencia "Galicia, un observatorio do exército nazi durante a II Guerra Mundial"

Miguel Cabana achegou, por primeira vez, testemuños reais de pilotos alemáns que espiaban ás frotas dos aliados

O xornalista lucense Miguel Cabana falou hoxe na Casa de Galicia en Madrid de "unha primicia, pois é algo do que ata hoxe, moi poucas persoas teñen coñecemento", dixo. Ademais de datos históricos xa coñecidos, Cabana tivo acceso, en exclusiva, a testemuños reais de pilotos alemáns que clandestinamente voaban dende Galicia en avións facilitados pola administración de Franco para "espiar" ás frotas aliadas no Atlántico na II Guerra Mundial".

Madrid, 24 de xaneiro de 2011. - O xornalista lucense Miguel Cabana falou hoxe na Casa de Galicia en Madrid de "unha primicia, pois é algo do que ata hoxe, moi poucas persoas teñen coñecemento", dixo. Ademais de datos históricos xa coñecidos, Cabana tivo acceso, en exclusiva, a testemuños reais de pilotos alemáns que clandestinamente voaban dende Galicia en avións facilitados pola administración de Franco para "espiar" ás frotas aliadas no Atlántico na II Guerra Mundial".

A presentación do acto correu a cargo do delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López e contou coa asistencia de preto dun centenar de persoas, entre elas tres deputados galegos: os lucenses Joaquín Díez e Margarita Pérez Herráez e Alberto Fidalgo pola provincia de Ourense. Na súa intervención, Ónega destacou a traxectoria profesional do relator; "entrou en La Voz de Galicia no ano 1994, onde foi redactor con diferentes responsabilidades e en diferentes centros de traballo e actualmente é delegado da devandita cabeceira en Lugo,".

Miguel Cabana proxectou a foto do piloto alemán Schoffer: Preséntoos ao señor Schoffer. Agora ten 91 anos, e voou durante a II GM en Galicia, oculto baixo aparencia dun civil xunto a outros compañeiros coma se fosen civís españois sobre o Atlántico e o Cantábrico para encontrar os convois de barcos aliados e dar a súa posición aos submarinos alemáns". Os repostajes e escalas dos submarinos alemáns na ría de Vigo, son datos coñecidos pero non estes. Schoffer, xunto con varios compañeiros vivían en 1943 en Lugo, unha cidade pequena, discreta e afastada de controis. Dúas veces por semana, en parellas, viaxaban a Santiago e dende alí, internábanse no mar pilotando pequenos avións, ata divisar un obxectivo. Sen variar o rumbo, seguían unha hora máis, daban a volta e trazaban un triángulo. Con estes datos, volvían ao hotel e dende alí, co sofisticado sistema de Consol desenvolvido por Kramar e Goldman e do que había dous centros en España, en Sevilla e o de Lugo, podían enviar mensaxes cifradas coa posición exacta da nave, rumbo, velocidade, características... Unha precisión que permitía aos submarinos alemáns que poucos barcos saíran indemnes, -afundiron máis de 2800-. Cabana lamentou que as instalacións non chegasen aos nosos días, como en Suecia, onde unha estación similar, foi declarada Patrimonio da Humanidade e é un Museo.

24 Xaneiro 2011
Notas de prensa
Imaxes