Notas de prensa

Gran acollida da obra “4 Mulleres de Palabra: Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal, Sofía Casanova” na Casa de Galicia en Madrid.  Un centenar de persoas abarrotaron o salón de actos. A presentación, moderada pola xornalista e académica, Pilar Falcón, contou coas intervencións do catedrático de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela, coordinador e coautor da obra, Marcelino Agís Villaverde, xunto ás coautoras Alba Igrexas Varela e Rocío Carolo Tosar, profesoras do Departamento de Filosofía e Antropoloxía da USC, e Eva Asensio Castañedas, profesora…
Madrid, 21 de xaneiro de 2023.- O director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano,  deu a benvida á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez que presentou na tarde do pasado venres a festa romano castrexa.  Despois de ser declarada no 2011 Festa de Interese Turístico de Galicia, e no 2017 conseguir o recoñecemento de Festa e Interese Turístico Nacional, o Concello presentou ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, o pasado novembro, a candidatura para obter o galardón internacional. A alcaldesa realizou una invitación pública «para descubrir a cidade de Lugo e os seus atractivos…
Madrid, 21 de xaneiro de 2023.- A Casa de Galicia en Madrid acolleu este xoves a presentación oficial da próxima Feira Expomar, que se celebrará na nave de redes do porto de Burela do 10 ao 13 de maio.  A XIX edición da feira náutico-pesqueira Expomar 2023 presentouse oficialmente este xoves nun acto institucional que tivo lugar na Casa de Galicia en Madrid. O obxectivo deste evento era aproveitar o marco da feira internacional de turismo Fitur e dar así maior relevancia ao alcance global de Expomar dentro dos sectores da pesca e a industria naval. No acto interviñeron, ademais do…
Madrid, 23 de xaneiro de 2023.- O director da Casa de Galicia, Juan Serrano, deu a benvida a máis dun centenar de asistentes entre institucións, xente da cultura, operadores turísticos e demais invitados  ao  evento de presentación de Experiencias en Ribadeo. Trátase dunha páxina web dedicada á comarca da Mariña, que dá a coñecer  as actividades que se ofrecen no municipio que vai desde dar un paseo en barco pola ría de Ribadeo ata montar dacabalo, pasando por perderse dentro dun labirinto  ou durmir en faro Illa Pancha. Todo iso e moito máis agrúpase na plataforma para…
Madrid, 17 de xaneiro de 2023.- Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid, asistiu á celebración da III edición dos Premios “Travellers Awards 2023” para recibir o premio de turismo, xunto a Madrid e á Milla de Ouro do Viño (Valladolid). No marco da «Semana de FITUR», a Feira Internacional de Turismo de Madrid, Periodista Digital celebrou a terceira edición dos seus premios de turismo. A gala  congregou este 16 de xaneiro, no Centro Rioxano de Madrid, a personalidades do mundo da cultura, política nacional e do turismo internacional. Serrano fixo fincapé na súa intervención a…
Madrid, 20 de decembro de 2022.- Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid deu a benvida ao escritor Manuel Lorenzo Janeiro Casal nacido en Madrid, 10 de agosto de 1951. Reside en Galicia desde 1974. Como escritor publicou a súa obra en galego e en castelán.  SINOPSE DO LIBRO Se se pode definir a poesía como o texto no que se lle encomenda á linguaxe a capacidade para referirse ao inefable, esta obra é un poema. Se se pode definir a novela como o desenvolvemento dun argumento por medio de personaxes e a maior ou menor intervención omnisciente dun narrador, esta obra é unha…
Madrid, 20 de decembro de 2022.- Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid deu a benvida á escritora Lola Fernández Pazos, que presentou o seu libro “El Pazo de Lourizán” xunto a Susanna Criado, directora de Capital-Radio Intereconomía.  Lola Fernández desenvolveu labores xornalísticos de económica en distintos medios especializados como El País Negocios, Cinco Días, El Economista ou La Gaceta de los Negocios, entre outros. Tamén foi Directora de Comunicación na Comisión do Mercado das Telecomunicacións e de diferentes axencias. “El Pazo de Lourizán” é a súa primeira novela,…
Madrid, 19 de decembro de 2022.- A Xunta entregou o Atlas da Paisaxe dos Camiños Xacobeos á Casa de Galicia en Madrid durante unha reunión que a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mantivo co director da entidade, Juan Carlos Serrano. Durante a reunión, a conselleira resaltou tanto o seu valor cartográfico como a compilación de 83 ortofotos históricas e actuais que permiten comprobar a evolución da paisaxe pola que discorren os diferentes roteiros xacobeos ao longo dos últimos 50 anos. Este atlas, que a conselleira cualificou como “unha publicación…
Madrid, 18 de decembro  de 2022.- A Casa de Galicia en Madrid fíxose presente na décimo segunda edición do Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento «Vicente Ferrer» en centros docentes sostidos con fondos públicos correspondentes ao ano 2022. O premio estaba destinado a recoñecer a aqueles centros educativos que durante os cursos 2020- 2021 e 2021- 2022 desenvolvesen accións, experiencias educativas, proxectos ou propostas pedagóxicas destinados a sensibilizar, concienciar, desenvolver o espírito crítico e fomentar a participación activa do alumnado na consecución dunha…