Notas de prensa

O director da Casa de Galicia, Juan Serrano, deu a benvida no día de hoxe a máis dun cento de persoas que abarrotaron a sala Emilio Pardo Bazán no acto de promoción da Filloa de Muimenta.  Serrano, estivo acompañado por José Armando Castosa, alcalde do Concello de Cospeito; José Manuel Rus, Coordinador de MOEXMU e da Festa da Filloa de Muimenta, e por Daniel Pollán Cabana, presidente da asociación. “Era necesario que este manxar se presentase na Casa de Galicia para dalo a coñecer ao maior número de xente posible. Os produtos extraordinarios merecen ser compartidos, e este, sen dúbida…
O director da Casa de Galicia, Juan Serrano, participou xunto ao conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez,  na Casa de Galicia de Madrid na presentación da segunda edición do Festivalle. Un festival de teatro para homenaxear a Valle-Inclán e recuperar a seu dramaturxia, “un legado que segue sendo unha fonte inesgotable de inspiración para xeracións enteiras de dramaturgos en todo o planeta”, explicou o representante da Xunta de Galicia. Román Rodríguez destacou a importancia de seguir “trasladando a novos públicos a obra do autor e consolidar o festival…
- O acto contou coa presenza do Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña, que clausurou as xornadas. Julio Ancochea, presidente de Asomega, expuxo no seu discurso as razóns que motivaron a elección dos institutos de investigación sanitaria como receptores da última Insignia de Ouro da entidade. Considera que estas entidades "desempeñan ese papel crucial, que tan bos resultados está a dar en toda España, de conectar o académico e o asistencial para facer efectiva a imprescindible visión e aplicación práctica que dá todo o seu sentido á actividade científica". …
Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid, clausurou o acto de entrega da medalla de ouro aos xenerais de división do Exército Español e da Garda Civil: Excmo. Sr. D. Antonio Romero Losada, Excmo. Sr. D. Luís Cortés Delgado e Excmo. Sr. D. Anxo Alonso Miranda.  Tamén lles foron entregados de diplomas e metopas aos centros galegos en Madrid: Centro Galego de Madrid, Asociación “Corredos do Henares” e Xuntanza de Alcobendas. O acto contou, entre outros persoeiros, coa presenza do Presidente da Academia Xacobea e patrón, D. Xesús Palmou Lorenzo.  O acto estivo presentado…
Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid, participou na segunda xornada da II FEIRA DA SAÚDE, organizada por ASOMEGA, que se prolongará ata o día de hoxe, e que contará coa presenza do Conselleiro de  Sanidade, Julio García Comesaña para a clausura. “Que ninguén che diga que non podes”. Con esta frase Javier Pitillas, promotor e responsable da asociación DisCamino, resume da forma máis precisa imaxinable a motivación desta entidade que xa leva 93 percorridos pola ruta compostelá.  Neles fixo realidade o soño de case medio milleiro de persoas con discapacidade pero…
- Cinco expertos falaron na primeira sesión da Feira da Saúde de Asomega do punto no que se atopa a investigación e tratamento oncolóxicos. - Na inauguración, a vicepresidenta segunda do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, valorou o recoñecemento que se vai a dar á investigación galega coa Insignia de Ouro de Asomega aos tres institutos de investigación sanitaria de Galicia. Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid, participou na inauguración da II FEIRA DA SAÚDE, organizada por ASOMEGA, que se prolongará ata o vindeiro venres, e que contará coa presenza do Conselleiro de  …
Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid, participou na presentación do libro "Guía Ler e Ver Lisboa", de Patricia Portela e Rui Cardoso Martins.  Interviñeron ademais dos autores, o xornalista e escritor Alfonso Armada. O acto contou coa presenza do Embaixador de Portugal, João Mira Gomes.  Serrano destacou na súa benvida o vínculo tan especial entre Portugal e Galicia, “non só están irmáns por unha liña invisible que un día foi fronteira. Galicia e Portugal son irmáns por algo que une moito máis que iso, unha lingua. Por ese motivo, os galegos nos sentimos moi…
 A Casa de Galicia en Madrid recibiu esta mañá unha visita moi especial. O Centro Plurilingüe Sagrado Corazón Placeres fíxose presente na Delegación da Xunta. Case medio cento de alumnos e alumnas de terceiro de ESO, que xunto coas súas profesoras, Mar Vázquez e Ana Pascual están de visita cultural na capital de España, tiveron a oportunidade na xornada de hoxe de gozar das dúas exposicións que se mostran na Casa de Galicia.  Os estudantes mostráronse moi interesados non só polas obras de arte do escultor galego Miguel Núñez e os traxes da mezzosoprano Teresa Berganza, senón que…
Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid, deu a benvida a Juan Fariña, que presentou, “Ou que foi”, segunda obra da súa carreira como escritor que se centra na desaparición dos pobos que asolagou o encoro de Belesar, centrándose en Portomarín.  Fariña contou na presentación que se documentou moitísimo. “Falei con xente de alí que me contou cousas interesantes do pasado. Eu destacaría as conversacións cos do pazo de Berbetoros e con Pereira, que é a memoria fotográfica de Portomarín. Meto personaxes no libro como Barrié da Maza ou Carmen Polo. Tanto no pasado como no presente…
O director de la Casa de Galicia, Juan Serrano, participou na tarde de onte na inauguración da  exposición de traxes da mezzosoprano Teresa Berganza, que leva por título: “Colección de traxes de Teresa Berganza, camiño longo da miña vida”, e  que poderá visitarse na sala Camilo José Cela da Casa de Galicia.  Serrano mostrouse satisfeito por acoller na Casa de Galicia esta exposición xa que “é diferente, pois nunca a Casa de Galicia acollera unha exposición de moda”, rematou o director, seguro de que iniciativas como estas, pon en valor o patrimonio cultural galego. Román…