Notas de prensa
O director da Casa de Galicia, Javier Vázquez, deu a benvida a Carmen Prado e a Jesús Vázquez que presentaron a súa obra pictórica, “Personaxes” e “Os meus novos abstractos”, respectivamente.
A pintora autodidacta Carmen Prado inaugurou tempada outonal de exposicións a visitar na Casa de Galicia. “Pinto por afección e por pura intuición, e encontro na pintura unha forma elemental de expresarme”, dixo a pintora que pretende coa súa obra adentrarnos no seu mundo persoal.
A forma e a composición son o seu cartón de presentación máis clara, con aveludadas mesturas de cor xunto coas súas…
Trátase dunha iniciativa desenrolada pola Fundación Balms para a Infancia, a Fundación Solidariedad, o Centro Integral para o Desenvolvemento Local (CIDEL) e a Fundación Granitos de Paz, e que conta coa colaboración da Xunta de Galicia.
Esta proposta nace co obxectivo de pór en valor o poder da arte e a cultura como ferramentas sociais transformadora. Desde a Fundación Balms para a Infancia levan dúas décadas traballando polos dereitos da infancia máis desfavorecida, explicou Antonio Heredero, Presidente da Fundación Balms.
Entre outras estratexias fano a través da arte, achegando as…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación do programa Referentes Galegas, organizado por Executivas de Galicia, na que se fixo presente a Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Sandra Vázquez Domínguez.
A presentadora de televisión e socia de Executivas, Silvia Jato presentou o evento. A benvida correu a cargo da Presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky.
No acto proxectouse un vídeo promocional do proxecto de Executivas que resumía o espírito deste proxecto, “un vídeo no que era imposible incluílas a todas”, afirmou Silvia Jato, pero co que…
A Casa de Galicia foi o marco elixido por José Mª Gasalla, conferenciante, escritor e profesor de Deusto Business School para presentar o seu libro “A nova dirección de persoas”. Este enxeñeiro aeronáutico e Doutor en CC. Económicas e Empresariais explica con esta obra as áreas de liderado, confianza e felicidade, incorporando novos aspectos investigados. “Cada vez máis as organizacións en xeral e as empresas en particular necesitan profesionais comprometidos” dixo o autor, que se pregunta “se segue sendo utópico falar de confianza e felicidade na empresa”. A resposta atopámola, segundo…
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu á inauguración da exposición que sobre a figura de Antonio Palacios pon en marcha a Casa de Galicia en Madrid da man da artista e sobriña-bisneta do arquitecto galego, Amelia Palacios.
O responsable de Emigración destacou a importancia desta mostra coa que se inician os actos de homenaxe ao arquitecto de Porriño polo 150 aniversario do seu nacemento, destacando a importancia que Palacios tivo para enriquecer a arquitectura galega, “xa que axudou a afianzar a súa identidade, especialmente en Madrid, onde realizou diversos…
A Casa de Galicia acolle desde onte a exposición de pintura, “Rutas de color, pinceladas de vida” de José María de Urda.
A inauguración desta exposición contou coa presenza de Gonzalo Trenor, delegado territorial da Xunta na Coruña.
Durante a súa intervención, Trenor agradeceu ao artista o seu interese por mostrar a realidade paisaxística de Galicia, outorgando especial importancia á cidade de A Coruña , á que dedica boa parte da súa obra. O delegado da Xunta non deixou pasar por alto o reflexo dun realismo paisaxístico que mostra a historia compartida e a cultura, e…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación por parte da editorial Hércules de Edicións, do libro "Máis Galicia entre copas", unha edición renovada e actualizada da obra publicada en 2015, "Galicia entre copas", de Mariano Fisac. En 2029 lanzou coa mesma editorial Viños e lugares para momentos inesquecibles.
Acompañando ao autor estiveron, Dominique Roujou de Boubee, da consultoría de viticultura e enoloxía Terroir en Botella e Laura Rodríguez Herrera, editora de Hércules de Edicións.
Mariano Fisac destacou como xurdiu "Máis Galicia entre copas": “A pesar de levar case…
O director da Casa de Galicia, Juan Serrano, participou na presentación do “Galiverso empeza aquí”.
Trátase unha iniciativa da Xunta de Galicia que emprega as tecnoloxías inmersivas e de realidade virtual co obxectivo de mostrar o noso patrimonio material e inmaterial (artístico, industrial, arquitectónico, natural, etc.) dunha maneira diferente. O que visite a Casa de Galicia, poderá viaxar en globo polo escarpado Canón do Sil, mirar A Coruña desde o alto desde a lanterna da Torre de Hércules ou descubrir o templo romano de Santalla de Bóveda, entre outras experiencias. Así o…
O director da Casa de Galicia, Juan Serrano, participou na charla-coloquio que leva por título: "Cela por Cela. El Cela viajero más desconocido".
Serrano afirmou, referíndose a Camilo Cela Conde, que “para a Casa de Galicia supón unha honra recibirte hoxe aquí e poder escoitar falar dunha persoa que é un imprescindible na historia da nosa literatura universal”.
O director lembrou ao público asistente que precisamente, unha das salas de exposición da sede da Xunta en Madrid leva o nome de Camilo José Cela. Serrano rematou a súa intervención lendo parte do discurso que…
Juan Serrano, director da Casa de Galicia, participou no ciclo: Encontros con Talento, que a compañía de xestión integral de RRHH, Nortempo, ofreceu, en colaboración coa Asociación de Empresarios Galegos de Madrid, un evento sobre o talento global sen condicións de orixe, territorio ou cultura.
Incluíu unha mesa de debate que tivo como referente o talento como motor de cambio nas organizacións. Moderado polo director xeral de Transformación e Desenvolvemento de Grupo Nortempo, Guillermo Pérez, o coloquio contou coa visión experta do fundador e CEO de TRIVU, Pablo González Ruiz da Torre…