Notas de prensa

A Casa de Galicia en acolle durante este mes de febreiro a exposición de pintura  “CONVERSACIONES CON LA COTIDIANIDAD” do artista de Val Miñor, David Quinteiro, coñecido por pintar retratos de interlocutores dos grandes cafés galegos.  O autor trae á Casa de Galicia unha mostra de retratos e escena cotiás que conectan rapidamente co público, e que consta de varias series con temáticas concretas que se involucran unhas con outras dialogando e construíndo historias fílmicas.  David Quinteiro, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, é un observador do cotián; a…
Javier Vázquez, director da Casa de Galicia en Madrid participou na presentación da fundación VAC-AN, presidida pola  viúva do artista, Anne Nikitik. O proxecto percorre a traxectoria do artista lucense, sobriño de Pimentel, que legou á súa morte unha "infinidade de obras e moitos tesouros" .  José Vázquez Cereijo (1940-2016) foi un pintor, gravador, poeta e coleccionista lucense.  Coa intención de manter vivo todo o seu legado, do que o artista a fixo responsable, Nikitik fai realidade esta fundación.  Sobre a figura do Vázquez Cereijo falaron outros artistas como…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación da primeira novela de Xaime Toxo, coa que debuta como novelista, e que leva por título “70° Norte”. O autor do libro estivo acompañado do xornalista Alfonso Armada; o profesor e escritor Vicente Araguas; e do xornalista Francisco Rodríguez.  Nesta distopía fantástica, o autor presenta o colapso social que sucede nas grandes áreas metropolitanas indiferentes ao que non sexa o seu propio ritmo desaforado de desenvolvemento. Unha praga contaxiosa con matices de maldición bíblica, leva á civilización postindustrial aos límites da…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou en Madrid Fusión Alimentos de España que regresou a IFEMA MADRID para conmemorar a súa vixésima segunda edición baixo a lema "Where it all begins" / "Onde todo comeza".  A Xunta de Galicia, cun stand propio, recibiu numerosas visitas de profesionais que se interesaron polos produtos de alta calidade de distintas zonas, así como polos seus viños.  Galicia demostra unha vez máis que é un epicentro onde se orixina a excelencia culinaria, e a súa caseta está a servir como espazo de encontro para o talento emerxente, o…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na presentación do libro, “El cambiazo” do escritor Xaquín López.  O xornalista de TVE presentou o libro, acompañado por Julián Merino, realizador de En Portada de TVE, no que recolle a investigación sobre a polémica primitiva premiada. Cunha ampla experiencia como xornalista de investigación —principalmente en TVE—, Xaquín López García (Chantada, 1962), acaba de publicar El cambiazo, un libro que aborda o soado caso do boleto da Primitiva premiado con 4,7 millóns de euros que foi reclamado por máis de trescentas…
 O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na presentación, “Ribadeo, a contrapunto”,  que reuniu na Casa de Galicia a personalidades de diversos sectores.  Un encontro que serviu para dar a coñecer e potenciar a localidade, da que queren destacar a súa diversidade de atractivos, capaces de namorar aos visitantes, porque ten de todo e para todos. Xa o nome elixido para a nova marca reflicte a harmonía da que presume a localidade "cunha singularidade propia", segundo destacou o alcalde ribadense, Daniel Vega, moi satisfeito do resultado dun acto que…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na presentación, destino turístico Rías Baixas que contou coa presenza de Luis López,  presidente da Deputación de Pontevedra.  Luis López, destacou as fortalezas, o crecemento e o potencial da provincia de Pontevedra como un destino turístico referente en calidade e sostibilidade nunha recepción con representantes do sector turístico que tivo lugar esta tarde na Casa de Galicia de Madrid e no que participaron tamén outros membros do Goberno provincial. O mandatario provincial puxo en valor o esforzo das e dos…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou no X Foro de Innovación Turística Hotusa Explora, no Hotel Eurostars Tower. O Grupo Hotusa organizou un ano máis o Foro de Innovación Turística Hotusa Explora que dá inicio a Fitur, a Feira de Turismo que se celebra en Madrid entre os días 24 e 28 de xaneiro. Este evento consolidouse como un referente no sector do turismo e da innovación.   A cita mantén o seu obxectivo de crear un espazo para o diálogo e o intercambio de coñecementos, ideas e experiencias, á vez que dar lugar á reflexión e a xeración de conclusións,…
O salón de actos da Casa de Galicia de Madrid encheuse para a homenaxe de Asomega ao profesor Manuel Sánchez Salorio (A Coruña, 1930-2023), insigne catedrático, académico, doutor honoris causa e artífice do Instituto Galego de Oftalmoloxía, ademais de creador da escola pronto coñecida en Europa como "The baby school de Santiago", viveiro de profesionais e docentes que ocuparon cátedra en varias universidades españolas, e que contou  coa presenza do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, que inaugurou oficialmente devandita homenaxe.  Durante o evento interviñeron…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na inauguración da exposición fotográfica “Reinvenciones: la ubicuidad de las identidades en lo fotográfico desde el Caribe”, que contou coa presenza do embaixador de República Dominicana, Juan Bolívar, e que poderá visitarse na Casa de América desde o sábado 20 de xaneiro até o sábado 23 de marzo.  Esta exposición componse de dous núcleos fundamentais que se entrelazan conceptualmente: a fotografía histórica e a continuidade dos diversos temas e achegamentos expostos no primeiro espazo, na actualidade. A primeira…