Notas de prensa
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou no evento dirixido a xornalistas especializados en gastronomía e restauradores madrileños que tivo como protagonista ao botelo.
No Barco de Valdeorras e arredores, o botelo tradicional é o estómago do porco recheo de costela adobada, e afumado durante uns 15 días, para despois comelo cocido e acompañado de patacas, repolo e algún chourizo.
Ademais da xornada gastronómica, serviuse un cóctel que deu a coñecer as posibilidades culinarias do botelo. A D.O Valdeorras organizou un túnel dos viños que dirixiu o enólogo Luís…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na recepción ofrecida en Embaixada de Haití en España polo Excmo. Sr. Embaixador Marie Joseph Guy Lamothe como anfitrión, que celebrou un acto de homenaxe á muller haitiana.
Estiveron presentes corpos diplomático de distintos países, autoridades españolas, amigos e invitados especiais.
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na homenaxe á mestra galega Andrea López Chao, emigrada a Cuba e impulsora do Hospital Fillas de Galicia da Habana. A homenaxe forma parte da conmemoración do 150 aniversario do seu nacemento en Mondoñedo e do centenario da fundación do hospital. De feito, este acto intégrase nas XVII Xornadas do Peregrino Abrindo Camiño. Estiveron entre outras Patricia Ares, bisneta da homenaxeada que incidiu no legado da súa bisavoa e María Xosé Porteiro que fixo fincapé nos inicios do feminismo galego e cubano.
No acto…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na inauguración da exposición de escultura "VGO/MAD", de Cristina Fernández Núñez.
Licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid (1994), Cristina Fernández Núñez (Vigo, 1971) é docente e dirixe o estudo MV33 de debuxo e pintura artística desde 1995. A súa obra foi seleccionada en varias ocasións no Certame Internacional de Artes Plásticas de Valdepeñas e recibiu entre outros premios a medalla de honra na Bienal de Arte do Morrazo.
O seu traballo expón unha reflexión entre a orde e o caos, o real e o…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na inauguración da exposición "20 años del 11M. Memoria, dolor y solidariedade”, en recordo das 193 persoas asasinadas e as máis de 2.000 feridas nos atentados do 11 de marzo de 2004, que alberga A Galería das Coleccións Reais. A exposición foi organizada pola Fundación Vítimas do Terrorismo, o Centro Memorial das Vítimas do Terrorismo e o Ministerio do Interior coa colaboración da Axencia EFE e de Patrimonio Nacional.
A mostra reúne 67 imaxes captadas pola Axencia EFE entre os días 11 e 14 de marzo de 2004 e poderase…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou no evento organizado por CONXEMAR, que se celebrou na noite de onte en Madrid, no Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no que o seu presidente, Eloy García Alvariza, falou sobre o futuro da feira, presentou o primeiro plan estratéxico elaborado pola asociación e anunciou a constitución da fundación Fish Nation.na Conxemar, a Asociación Española de Almacenistas, Importadores, Exportadores e Transformadores de Produtos da Pesca e Acuicultura.
O presidente lembrou que este ano Conxemar celebrará o seu…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na inauguración da exposición "POR ENCIMA DE LAS NUBES", de Kuka Bastardés.
A escritora e xornalista, Julia Sáez-Angulo, e vicepresidenta da Asociación Madrileña de Críticos de Arte, AMCA, foi a encargada de presentar á artista.
"Facía dous anos que non viamos expor en Madrid a Salomé Bastardés Rodilés-San Miguel, coñecida como Kuka Bastardés para a arte (moitos artistas cambian ou modifican os seus nomes na arte, como algúns relixiosos o fan, cando profesan en relixión).”
Para a artista “galega”,…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na presentación do libro de José Besteiro, FRANCISCO UMBRAL MANUAL DE INSTRUCCIONES.
Acompañando ao escritor estiveron Daniel Gavela, ex director xeral da SER, Catro e CNN+, e Bieito Rubido, director do Debate.
Nacido en Riotorto (Lugo) en 1963, José María Besteiro é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e ten un máster en Dirección e Produción de Radio e Televisión pola Boston University.
José Besteiro é xornalista e escritor. Colaborou como articulista en ABC e El…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na recepción ofrecida en Embaixada de Xapón en España, polo Embaixador D.Takahiro Nakamae como anfitrión, que celebrou o natalicio da súa Maxestade Imperial o Emperador Hiro-non-miya Naruhito.
Na residencia do Embaixador estiveron presentes corpos diplomático de distintos países, autoridades españolas, amigos e invitados especiais.
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na conferencia que impartiu Jesús Ángel Sánchez García (A Coruña, 1967), catedrático de Historia da arte na Universidade de Santiago de Compostela, e que leva por título: "Antonio Palacios. Obra e legado nunha viaxe de ida e volta de Galicia a Madrid".
Jesús Ángel Sánchez deu coñecer os resultados da actividade profesional en Madrid e no resto de localidades españolas nas que tamén atopamos a pegada de Palacios: Málaga, Mengíbar (Xaén), O Porriño, Mondariz e Nigrán (Pontevedra) e Ávila, entre outras. O Palacio de…