Notas de prensa

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na gala organizada pola Asociación Galega Corredor Alcalá de Henares, en favor da investigación das enfermidades raras celebrada no auditorio Paco de Lucía, de Alcalá de Henares.  A gala foi presentada polas actrices de Castroverde Ana e Eva Celeiro. Actuaron a banda lucense A Penúltima Sabinera, a banda madrileña de folk Dobrando o Mapa, que fusiona a música tradicional do norte e o sur da península, e o grupo de gaitas e percusión Vagalume, da Asociación Galega Corredor do Henares. A gala contou, ademais, coa…
O director da Casa de Galicia, Javier Vázquez, participou na gravación do programa 'Agora ou nunca', conducido polo xornalista Gonzalo Miró, e que se emitirá proximamente ás 14:10 h na 1.  Neste episodio, o director da Casa de Galicia, acompañado pola chef lucense Vitoria Maseda e polo propio Gonzalo Miró, puxo en valor Galicia e os seus produtos. A pescada de Celeiro foi a protagonista deste programa, e sobre a que a chef explicou as súas virtudes e preparou este tradicional prato galego.
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na inauguración da exposición de pintura de Fernanda Fernández, que leva por título “La vida que pintamos”. A súa obra, de exquisita técnica realista, mostra unha procura incansable de perfección, de captar co pincel non só o que o ollo ve. A luz dos seus cadros achega máis que a estación do ano e a hora do día, fala tamén da limpeza do aire do bosque, da densidade do aire industrial, do sal do mar... A súa visión dos obxectos e das paisaxes, tanto urbanos como inspirados na natureza, teñen unha sensibilidade que descobre o…
O director da Casa de Galicia, Javier Vázquez, recibiu na sede da Xunta de Galicia en Madrid aos alumnos de 3º da ESO do Centro Plurilingüe Sagrado Corazón de Placeres de Pontevedra, que se atopan na capital de España realizando unha visita cultural.  Os alumnos, acompañados polos docentes, Ana Pascual, Rafael Pazos e Jorge Padín, fixeron a súa primeira parada na Casa de Galicia para dar a coñecer aos alumnos esta institución e as actividades que leva a cabo na capital española. Ademais, os alumnos e alumnas deste centro que participan na iniciativa europea HotStop tiveron a…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na presentación da segunda edición do libro de Pilar Falcón,  “Un camiño de cine xacobeo”, obra da que é autora e que constitúe a máis extensa recompilación do filmado sobre o Camiño de Santiago.  Ademais de Javier Vázquez, que foi o encargado de dar a benvida ao público que enchía a sala,  interveu o crítico cinematográfico e ex fiscal xeral do Estado, Eduardo Torres-Doce. Entre os asistentes ao acto estiveron o expresidente do Goberno Mariano Rajoy, o embaixador Nicolás Pascual de la Parte, o tenente xeral…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu, dentro dun ciclo que se celebrará os primeiros luns de cada mes até final de ano, o I recital poético "Apuntamentos para non disolverse na común semente do tempo" coordinado polo polifacético artista Antonino Rodríguez Nieto. Neste primeiro recital poético participaron os  poetas Carmen Branco e Claudio Rodríguez Fer. Durante o acto interveu tamén, a pintora Beatriz López-Linares cunha creación en vivo; a soprano, María Rodríguez e o gaiteiro, Juan Luna, con senllas actuacións musicais.  
Javier Vázquez, director da Casa de Galicia en Madrid participou na segunda edición do cocido de Porco Celta organizado pola Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel). Javier Vázquez destacou na súa intervención a intención da entidade que representa de seguir sendo un nexo entre Galicia e a capital do país e aproveitou a ocasión para poñer en valor o excelente traballo que vén facendo Asoporcel no último cuarto de século a favor da recuperación do Porco Celta.  A iniciativa forma parte das accións da asociación para a promoción e difusión dos derivados do Porco Celta…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou no concerto de guitarra clásica e intervención pictórica, "IMPRESIÓNS DUN PEREGRINO" ofrecido por Carlos Rosaleny Valls, Conservatorio Profesional de Música de Valencia; e Rafael J. Ambel, profesor e doutor en Belas Artes. Este novo acto consistiu en que, mentres Rosaleny Valls interpretaba dúas obras compostas ao redor da temática do Camiño: a "Suite Compostelá" e as "Cantigas de Santiago", os pinceis de Rafael J. Ambel trazaban formas pictóricas en función do que lle suxería a música,  xurdindo así,  un diálogo…
Javier Vázquez, director da Casa de Galicia en Madrid participou no II Foro Activistas por un futuro rural coa presenza de gandeiras da campaña Actitude Río: Puro Coraje. Ao acto acudiron entre outros, as deputadas nacionais Rosa Quintana, Tristana Moraleja, e o deputado Jaime de Olano. Vázquez e Carmen Lence, CEO de Grupo Lence, foron os encargados de abrir o acto, o primeiro que organiza a compañía fóra da súa rexión de orixe, e dar a benvida aos asistentes. Durante a súa intervención de apertura, Carmen Lence sinalou que “as mulleres de contornas rurais, ademais de enfrontarse á…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na entrega de premios na nova edición do Premio Eurostars Madrid Tower de Fotografía; un certame que este ano conmemorou o seu décimo aniversario dedicado aos temática “Lugares con encanto”.  A convocatoria estaba dirixida a fotógrafos afeccionados e profesionais de todo o mundo, que deberán capturar os recunchos máis belos da capital.