Notas de prensa
A Casa de Galicia en Madrid impulsa unha nova iniciativa para reducir o consumo de papel nas súas actividades de difusión cultural. As exposicións que se celebran na representación institucional da Xunta de Galicia en Madrid son con carácter xeral "de papel cero" e o seu catálogo é dixital e interactivo, dispoñible tamén en formato PDF. Desta maneira, os artistas poden compartir facilmente o material promocional da súa obra a través das redes sociais. Os catálogos están albergados na sección de exposicións da páxina web da Casa de Galicia.Para facilitar o acceso aos catálogos, as salas de…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela (OPP-7), nun acto presidido polo director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, que destacou que "o sector pesqueiro é vital para Galicia". No acto participou tamén o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, e o xerente da Organización de Produtores Pesqueiros de Burela, Sergio López.O director xeral puxo en valor as iniciativas impulsadas por esta OPP no marco do plan de produción e comercialización anual cofinanciadas pola Xunta de Galicia, e que…
A entrada principal da Casa de Galicia, situada no número 8 de Casado do Alisal, permanecerá pechada a causa da execución das obras de mellora da accesibilidade ao edificio. Durante o tempo que duren estes traballos, o acceso ás instalacións realizarase a través do número 6 da rúa Moreto. Este acceso provisional permitirá coñecer a chamada porta dos azulexos, un vestíbulo alicatado con cerámicas de Enrique Guijo. Este artista cordobés é o autor dos característicos azulexos comerciais de Madrid. Os que se conservan na Casa de Galicia foron ideados a mediados dos anos 20 do século…
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, puxo en valor hoxe na Casa de Galicia en Madrid o novo modelo de coidados implantado en Galicia e que ten conseguido situar á comunidade como un referente a nivel nacional na atención a persoas maiores. Así o destacou nun acto presidido polo director da representación da Xunta en Madrid, Luis E. Ramos, con representantes de entidades e empresas do sector sénior de toda España.Durante a súa intervención, Fabiola García situou a Galicia como “sinónimo de estabilidade e rigorosidade” e fixo fincapé en que a Xunta de Galicia aposta por…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, inauguraron este serán a nova programación do mes de decembro, que baixo o título ‘La mar de buena. Galicia’ está dedicada á pesca e ás actividades do mar.Na súa intervención, o director da Casa explicou que este monográfico ‘pretende poñer en valor os produtos do mar de Galicia nun mercado esixente, o de Madrid, e na véspera dunhas celebracións de gran consumo, as do Nadal’. Neste sentido, engadiu que Galicia pode ‘presumir de calidade aquí e en calquera parte do Mundo’.O conselleiro Alfonso…
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, anunciou hoxe na Casa de Galicia en Madrid que a Xunta vai iniciar os trámites para abrir nas instalacións da representación do goberno galego na capital unha nova sede da Oficina Económica de Galicia coa previsión de que estea en funcionamento a mediados de 2025. O obxectivo, dixo, é “reforzar a captación de investimentos” para contribuír a implantación de empresas en Galicia.Lorenzana, que mantivo un encontro cos representantes da Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama), subliñou que con isto, o Goberno galego da un…
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado pola directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, e polo director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, avanzou hoxe na Casa de Galicia en Madrid que o Goberno galego desenvolverá no 2025 novas accións que contarán cun investimento de 1 millón de euros para potenciar a ferramenta EMi, que está dispoñible nas 54 oficinas de emprego de Galicia e casa oferta e demanda laboral co apoio da intelixencia artificial. Unha desas accións para avanzar con esta ferramenta pioneira en España…
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas reivindicou hoxe na Casa de Galicia en Madrid as políticas de vivenda e infraestruturas da Xunta. María Martínez Allegue participou nun acto con representantes das principais organizacións da construción e da arquitectura a nivel nacional no que estivo acompañada polo secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto.Martínez Allegue explicou que “estamos a construír xa a Galicia do futuro: máis humana, na que o acceso á vivenda digna e a un prezo accesible non sexa un problema, e unha Galicia mellor conectada" e…
A Casa de Galicia en Madrid acolle durante o mes de novembro unha importante colección de maquetas de barcos construídos nos estaleiros galegos. Na sala Emilia Pardo Bazán atópanse algúns dos modelos máis tecnolóxicos desenvolvidos pola industrial naval asentada na Ría de Vigo e Pontevedra.A exposición "Un mar de esforzo, talento e paixón", elaborada por PYMAR, sociedade que representa aos principais estaleiros privados españois, permite contemplar a maqueta do Sea Cloud Spirit, un cruceiro veleiro de tres paus construído por Metalships & Docks. Cos seus 138 metros de eslora atópase entre…
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, anunciou hoxe, na súa visita á Casa de Galicia en Madrid, que o vindeiro 2025 a capital española acollerá as probas para a obtención dos certificados oficiais de lingua galega. Tal e como explicou, trátase dunha iniciativa “para continuar promocionando a lingua e a cultura galegas dentro e fóra da nosa Comunidade”.Deste xeito, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude puxo en valor “o compromiso do Goberno galego co acercamento do noso idioma a persoas doutros territorios a través da convocatoria destas probas Celga noutros…