Notas de prensa

O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, acompañado pola directora xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, presidiu esta mañá a apertura ao público da mostra de fotografías e pezas de Artesanía no Prato. Esta iniciativa chega á representación institucional da Xunta de Galicia na capital da man da Fundación Artesanía de Galicia.Ramos describiu a mostra como “parte dun proxecto apaixonante” e salientou que “non só abonda con ter unha materia prima excelente, senón que tamén é fundamental o xeito no que se presenta, e aí é onde destaca Artesanía de Galicia”. O…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, presidiu esta tarde a presentación do libro El último maqui: vida y leyenda de Mario de Langullo, de Juan Carlos Alonso. Ramos resaltou o traballo do autor, que ademais da importante labor de documentación que levou a cabo, tamén “soubo ofrecer unha ollada honesta ao pasado” e narrar “unha época convulsa desde fóra das trincheiras ideolóxicas”.Ramos explicou que “en El último maqui Juan Carlos Alonso describe moitas paisaxes galegas, narra moitos costumes galegos e inclúe moitas expresións na nosa lingua”, un libro “moi galego…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu hoxe a conferencia da comisaria e investigadora Estíbaliz Santamaría no marco da exposición Unha noite revelada. La Casa de la Troya 1925-2025, que conmemora o primeiro centenario da estrea na capital de España da película La Casa de la TroyaEstreada en 1925 e baseada na novela de Alejandro Pérez Lugín, La Casa de la Troya supuxo un fito na representación de Galicia a través do cinema, convertendo a Santiago de Compostela e á vida universitaria galega en referentes culturais de alcance nacional e internacional.Durante o acto o director da Casa de Galicia en…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a apertura do curso intensivo Creación de series que poidan viaxar, que se celebra ata o mércores no marco do programa European Writers Club, coa asistencia de oito guionistas galegos: Héctor Carré, Simón Casal, Ángel Filgueira, Lidia Fraga, Eva Pérez Misa, Anita Pico, Irene Pin e Fernando Tato. A súa participación canda a outros oito profesionais madrileños é froito da colaboración que a Xunta mantén con esta iniciativa europea, da que foi unha das entidades fundadoras, co fin de promover a colaboración internacional na xeración de contidos…
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena de novembro de 2025, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, no Portal da Lingua Galega, e na páxina web da Casa de Galicia en Madrid.As probas desta segunda convocatoria do ano realizaranse tamén en Santiago de Compostela e en Ponferrada.As sedes e os horarios para a realización das probas publicaranse no Portal da Lingua Galega xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.As persoas que desexen inscribirse nas probas…
A Casa de Galicia en Madrid e a Secretaría Xeral da Lingua convocan unha nova edición dos cursos de Lingua e Cultura galegas. Como novidade, este curso 2025/2026 conta por primeira vez co curso de Lingua e Cultura galegas III. Este novo nivel atende a unha demanda real de formación e permite que os alumnos que superaron o segundo nivel na convocatoria anterior poidan continuar afondando no coñecementos da lingua e cultura galegas.A inscrición deberá facerse entre os días 15 e 26 de setembro (ambos incluídos), de xeito presencial na oficina de Rexistro da Casa de Galicia en Madrid (de luns a…
O director da Casa de Galicie en Madrid recibiu aos asistentes á asemblea xeral extraordinaria da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, que se reuniu esta mañá na sede da Xunta en Madrid.Luis E. Ramos agradeceu o traballo da Federación e das distintas asociación de amigos do Camiño de Santiago na defensa e difusión das rutas xacobeas, que suman máis de 80 mil quilómetros en 28 países europeos. Ramos destacou “a promoción da lingua e da cultura galegas, da nosa economía e do noso turismo” como obxectivos da Casa de Galicia e cualificou moi oportuno acoller a…
A Casa de Galicia en Madrid inaugurou esta tarde a exposición Unha noite revelada. La Casa de la Troya 1925/2025, unha mostra que conmemora o centenario da primeira adaptación cinematográfica da novela de Alejandro Pérez Lugín. Esta obra literaria supuxo un dos grandes fitos da literatura galega de comezos do século XX.O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, presidiu o acto. Durante a súa intervención lembrou que “estamos ante unha das primeiras producións do audiovisual galego, un sector ao que na Xunta de Galicia lle damos a importancia que ten e do que nos sentimos…
A Casa de Galicia en Madrid inaugurou esta tarde a exposición Suenan Campanas. Galicia, unha mostra fotográfica do lalinense Manolo Seixas, que conmemora o 25 aniversario do Proxecto Galego de Dotación de Campás á Catedral de Santa María a Real da Almudena. A exposición permite reconstruír o eco social e institucional que tivo aquel proxecto con imaxes orixinais das campás na torre norte da Catedral, coñecida desde entón como a Torre dos Galegos.O director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, abriu o acto de inauguración lembrando que a mostra “rememora un acontecemento histórico” e representa…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, presidiu esta tarde a presentación do libro Cuentos Bífidos, do autor Miguel Salas, un volume que propón unha mirada dual e contemporánea á realidade a través do relato breve. No acto, Ramos destacou “unha Galicia que non só conserva as súas raíces, senón que tamén se reinventa e dialoga co mundo”. E engadiu que “estes contos invítannos a mirar dende dous ángulos, a abrirnos ao insólito e ao inesperado”, algo que cualificou de “profundamente galego: ese gusto pola ambigüidade e polo que se intúe máis do que se di”.O director da…