Notas de prensa
O director da Casa de Galicia en Madrid presidiu a presentación do libro Ben Mantidos, historia cultural da gastronomía galega, de Xavier Castro Pérez. Luis E. Ramos destacou o valor da gastronomía como embaixadora de Galicia no mundo. Como anécdota, Ramos confesou que a Casa de Galicia recibe acotío chamadas de persoas que queren reservar mesa para xantar e que se interesan polo polbo ou a empanada. O director da representación institucional da Xunta de Galicia en Madrid aproveitou a oportunidade que ofrece o calendario para destacar o bo momento para visitar Galicia polo San Xoán,…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta mañá a presentación oficial da 63ª edición da Festa do Pulpo do Carballiño, unha das grandes citas gastronómicas do verán galego, declarada de Interese Turístico Internacional. O acto estivo presidido polo director da entidade, Luis E. Ramos, que estivo acompañado por; Jasé Manuel Dacal, concelleiro de turismo e José Castro, tenente alcalde do Carballiño; Davide Iafelice, concelleiro e Marcello Bano, alcalde de Noventa Padovana (Italia).Na súa intervención, o director da Casa subliñou que “o polbo é unha das sinais de identidade da gastronomía galega,…
A sede institucional da Xunta de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a presentación da nova edición do Festival Espírito Ribeiro, un evento musical que se desenvolverá no mes de xuño no corazón da comarca do Ribeiro. O acto estivo presidido polo director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, acompañado do director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén.Ramos destacou a importancia deste tipo de festivais como exemplo de dinamización cultural, económica e turística do rural galego. “Estes ciclos de concertos mostran o potencial que temos como territorio creativo, cunha oferta cultural de…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta mañá o acto de presentación dunha nova edición do Festival Groba, unha das citas máis recoñecidas da música clásica en Galicia, que se celebra anualmente en Ponteareas como homenaxe ao seu director artístico e compositor Rogelio Groba.O acto estivo presidido polo director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, quen cualificou como "un privilexio" acoller esta presentación na sede do Goberno galego en Madrid. A presentación asistiron tamén e o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro; e o primeiro…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a presentación do Ciclo de Concertos de Barcia de Mera, unha cita musical que cada verán enche de cultura o concello pontevedrés de Covelo. O acto estivo presidido polo director da Casa, Luis E. Ramos, quen deu a benvida ás asistentes e salientou o papel da sede da Xunta de Galicia en Madrid como espazo de proxección da cultura e da identidade galega.O director agradeceu á directora artística do ciclo, Nieves García-Soto, por confiar na Casa de Galicia para presentar esta nova edición, e deu a benvida tamén á arpista Sara Águeda, “que con esas…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a presentación do libro Vida de Rosalía de Castro, escrito por María Luisa Maillard. A obra é a entrega número 45 da colección de biografías que a editorial Eila publica en colaboración coa Asociación Matritense de Mulleres Universitarias, co obxectivo de poñer en valor o papel histórico e cultural das mulleres máis destacadas.O acto estivo presidido polo director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, que subliñou a relevancia da figura homenaxeada: “Rosalía de Castro, a dama do Rexurdimento, foi unha muller valente que dignificou o galego como…
A sede institucional da Xunta de Galicia en Madrid acolleu esta mañá a presentación da Festa da Rosa de Mos, un evento que pon en valor as tradicións locais, o patrimonio cultural e a capacidade de proxección exterior dos concellos galegos.O acto, presidido polo director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, contou coa participación da alcaldesa de Mos e senadora, Nidia Arévalo; da ex presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor; e do director da Vuelta Ciclista a España, Javier Guillén, entre outras autoridades e representantes do tecido asociativo.Durante a súa intervención, o director da…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta mañá, na sala Emilia Pardo Bazán, o acto de presentación da Festa do Corpus Christi de Ponteareas, declarada de Interese Turístico Internacional e recoñecida como Ben de Interese Cultural do Patrimonio Inmaterial.O evento contou coa participación do director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos; a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro; o primeiro tenente de alcalde de Ponteareas e a concelleira de Turismo do municipio. Tamén asistiron os embaixadores de Xapón, Italia, Bélxica, así como o primeiro secretario da Embaixada de Malta.Durante a súa intervención…
A Casa de Galicia en Madrid inaugurou hoxe a exposición Escenarios da Paixón, a María Casares, unha mostra de pintura que rende homenaxe á figura de María Casares, símbolo da paixón polo teatro e referente da historia cultural galega. As obras transportan ao público a distintos escenarios que evocan a intensidade vital e creativa da actriz, integrando emoción, memoria e arte. Escenarios da Paixón poderá visitarse desde o 3 ata o 29 de xuño nas salas Emilia Pardo Bazán e Álvaro Cunqueiro.Durante a inauguración, o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, deu a benvida ás…
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou hoxe na Casa de Galicia en Madrid os Concertos do Xacobeo 2025, unha iniciativa que considera clave para reflectir o modelo turístico e cultural polo que aposta Galicia: un turismo de calidade, sustentable e auténtico. Na presentación, que contou coa participación do alcalde de Madrid, José Luis Martínez Almeida, e o director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, o presidente autonómico remarcou que “a música tamén é o Camiño” destacou que “esta Galicia de brazos abertos, esta Galicia na que non nos sobra ninguén e todo o mundo é benvido”…