Notas de prensa

A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde o relatorio ‘IA A Coruña: a aposta da Coruña pola intelixencia artificial’, impartido pola profesora e expresidenta da Asociación Española de Inteligencia Artificial, Amparo Alonso Betanzos, e organizada pola Real Orde de Cabaleiros de María Pita.O acto estivo presidido polo director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, que durante a súa intervención fixo referencia á importancia da regulación galega sobre a Intelixencia Artificial e salientou que Galicia está marcando a diferencia nesta materia a nivel europeo. Ademáis resaltou que “…
A Casa de Galicia en Madrid volverá acoller as probas para a obtención dos certificados de lingua galega. Desde o próximo 10 de marzo e ata o día 28 estará aberta a inscrición destes exames. Todas as persoas que queiran inscribirse nas probas deberán cubrir o formulario de solicitude e abonar as taxas correspondentes. As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en maio de 2025, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida e as datas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia e nesta páxina web. Poderán atopar toda a información necesaria no Portal da…
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe na Casa de Galicia en Madrid a contribución da Universidade de Santiago para facer de Galicia un referente na investigación e transferencia de coñecemento e lembrou que se trata dunha institución histórica que é un emblema da identidade galega e embaixadora do que significa Galicia calidade por todo o mundo.O xefe do Executivo galego estivo acompañado polo director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos que destacou a labor que a USC leva facendo desde hai máis de cinco séculos, e abríu a porta a futuras actividades de ALUMNI USC na…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu este xoves a estrea da serie documental 'Rosendo Salvado, aventura e misión dun galego en Australia'. Esta produción da Televisión de Galicia dirixida por Valentín Carrera narra a vida do misioneiro beneditino que naceu en Tui en 1814 e que deixou un importante legado.O director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, presidiu o acto nunha sala Emilia Pardo Bazán ateigada de público. Na presentación participaron o director de contidos da Corporación de Radiotelevisión de Galicia, Fernando Ojea; o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; o presidente da Fundación…
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, presentaron na Casa de Galicia de Madrid a obra 'El Camino de Santiago. El libro olvidado de 1965 de Álvaro Cunqueiro', da editorial Alvarellos, impulsada polo Goberno galego para enriquecer a biblioteca sobre temas do Camiño. Ambos puxeron en valor a experiencia e a perspectiva do Camiño de Santiago narrada por un dos grandes da literatura galega como foi Álvaro Cunqueiro.Durante a súa intervención, Ramos destacou a importancia de rescatar esta obra, "que caeu no esquecemento despois da…
A Casa de Galicia en Madrid acolle a convocatoria dos cursos preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (Celga) do nivel 2.As persoas interesadas poderán apuntarse a través do portal da Lingua Galega (desde o 10 ao 28 de febreiro). Os cursos son totalmente gratuítos e poden acceder a eles todas as persoas maiores de dezaseis anos ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria.Todos os cursos terán un mínimo de 15 participantes e un máximo de 35. No caso de ter máis solicitantes ca prazas dispoñibles, a asignación farase a través dun sorteo aleatorio puro.…
A Casa de Galicia en Madrid acolle desde hoxe a mostra itinerante 'José Rodríguez, o matemático de Bermés', unha iniciativa da Real Academia Galega de Ciencias en colaboración coa Xunta de Galicia e o Concello de Lalín na que se lle rende homenaxe ao científico dezano no marco do bicentenario do seu pasamento. O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, e o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, inauguraron hoxe esta exposición nun acto no que tamén participaron o presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Juan…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu, esta tarde, a inauguración da exposición ‘Entroidos tradicionais. Provincia de Ourense’. A mostra pon en valor unha das celebracións máis auténticas e representativas da cultura popular galega: o Entroido. O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, presidiu o acto. Na súa intervención, salientou que “o Entroido non é só un espectáculo visual e cultural, se non que tamén un motor de dinamización turística”. Da importancia dos entroidos en Galicia da conta o recoñecemento do de Xinzo de Limia como ‘Fiesta de Interés Turístico Internacional…
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe Galicia como terra acolledora e hospitalaria, destacou que o turismo procedente de Madrid é fundamental para o sector en Galicia sendo a comunidade que máis viaxeiros aporta e apostou por seguir estreitando as relacións entre ambas autonomías. Durante o acto ‘Madrid, tengo algo que decirte’, que se celebrou na Casa de Galicia e no que participou o alcalde da capital española, José Luis Martínez Almeida,  e o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramoss, Rueda lembrou que máis de 1,2 millóns de turistas procedentes de…
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e do director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, mantivo esta tarde un encontro con diferentes entidades galegas, no que participaron preto dunha vintena de asociacións culturais e profesionais que desenvolven o seu labor na capital de España.Durante a xuntanza, celebrada na Casa de Galicia en Madrid, o conselleiro de Emprego puxo de relevo os vencellos históricos entre Galicia e Madrid, lembrando que esta última foi e segue sendo na actualidade…