Notas de prensa

A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a inauguración da programación do mes de novembro 'Capital Industrial. Galicia', dedicada á economía e á industria galegas. A exposición pretende ser unha aproximación á realidade económica e empresarial de Galicia. A sala principal do Palacio de Amezúa acolle a exposición 'O sector naval galego, un mar de esforzo, talento e paixón', con maquetas dalgúns dos buques construídos nos estaleiros galegos e que están á vangarda da construción naval.O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, afirmou que "somos os mellores do mundo na…
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe á estrea do documental 'Anduriña, muller de ida e volta' na Casa de Galicia en Madrid, unha peza dirixida por Cristina Pascual e producida por O Faiado Producións. A peza audiovisual recolle os testemuños de 15 mulleres do concello ourensán de Maceda, que compartiron as súas vivencias como emigrantes e as dificultades que enfrontaron na súa travesía de ida e volta entre Galicia e outros países.O acto contou tamén coa presenza do director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, da directora do documental, Cristina…
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez, anunciou esta tarde na Casa de Galicia en Madrid que a Xunta impulsará en 2025 a candidatura da oitava reserva da biosfera de Galicia. Esta reserva terá como núcleo o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, pero estenderá a súa área de influencia desde Porto do Son ata Baiona, sumando máis de 90.000 hectáreas, o 92% delas marítimas.Ánxeles Vázquez fixo este anuncio durante a súa conferencia sobre 'Patrimonio natural de Galicia, os nosos soutos e castiñeiros', dentro do programa de actividades '…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a presentación do primeiro conto da colección  'Lingoreta e Lingoreto', centrado na importancia da respiración. Esta é a primeira obra da logopeda galega Diana Lameiro, creadora dunha metodoloxía pioneira en logopedia e saúde mental baseada na súa propia experiencia. É, ademais, a primeira publicación da editorial Lingoreta, que desenvolveu tamén xogos pedagóxicos. Na presentación participou o xornalista e escritor Javier Sierra, premio Planeta 2017 por 'O lume invisible'. No coloquio coa autora, Sierra reflexionou sobre a importancia…
A Casa de Galicia en Madrid foi o escenario elixido polo ex presidente da Sala Terceira do Tribunal Supremo, Ramón Trillo, para a presentación do seu libro 'Una tercera apócrifa, diálogos de Cataluña y otros escritos profanos'. Baixo este título, o maxistrado galego reúne moitos dos artigos publicados en distintos medios nos últimos anos. Na presentación, presidida polo director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, participaron o director da Real Academia Española, Santiago Muñoz Machado, e o presidente emérito do Tribunal Constitucional, Antonio Xiol Ríos. Ao acto asistiron…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu este luns un acto de promoción da castaña galega, enmarcado dentro da programación do mes de outubro 'Toma castaña. Galicia'. O acto, dirixido a profesionais da hostalería, restauración e distribución gourmet, contou cun espazo de degustación de pratos e sobremesas elaborados con produtos da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia polo chef Miguel Fernández Vidal.O director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, estivo acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, e o presidente da…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu este serán o concerto de voz e piano de ARIMagritte e Mateo Sestelo, dous artistas galegos que actúan xuntos baixo o nome de MATgritte. Este proxecto intimista de voz e piano naceu hai uns meses, durante o verán, con cancións propias da cantante viguesa e pezas doutros artistas consagrados "por puro amor ás cacións".No recital da Casa de Galicia, ademáis dalgúns temas incluídos en Oráculo, o primeiro album de ARIMagritte, o dúo interpretou pezas de Mecano, Nena Daconte, Antonio Vega e Jarabe de Palo. O director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos,…
A Casa de Galicia en Madrid acolle desde este xoves o programa de actividades 'Toma Castaña. Galicia', co que pretende poñer en valor este produto autóctono de calidade e que é un dos que protagoniza o outono galego. Na inauguración, o director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, destacou a riqueza paisaxística e ambiental que achegan os castiñeiros na nosa comunidade e o atractivo turístico que representan. Ademais, avanzou algunhas das posibilidades gastronómicas da castaña e os seus derivados. Na mostra, que estará aberta ata o 30 de outubro, ademais da colección de castiñeiros…
Goyo González percorreu todos os camiños de Santiago que se estenden ao longo do mapa, e todos eles en máis dunha ocasión. Desta volta, e como xa é habitual, a súa peregrinaxe e a arte danse a man para crear a colección 'Camiño de Santiago francés en 360º, desde Saint Jean Pied de Port ata Fisterra'. Unha exposición que se inaugurou coa presenza do artista, acompañado do director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos.A técnica que utiliza Goyo é curiosa, e é que as fotos non son tomadas cunha cámara 360º, senon que o artista toma aproximadamente 40 fotografías seguidas, virando sobre o…
Joaquín Moldes González (Sanxenxo, 1956) presentou na Casa de Galicia en Madrid, un total de 34 obras que conforman a súa exposición titulada 'Carreira de fondo'. Unha representación, como el di, de que a arte é a cura para moitos problemas.  No ano 2022 o artista afincado en Punxín (Ourense) foi diagnosticado coa enfermidade de Párkinson e xusto nese momento decidiu empezar a pintar. O seu obxectivo era exercitar a súa destreza manual, a cal se empezou a deteriorar debido á súa enfermidade.  Todos os materiais utilizados nas súas obras son reciclados 100%, e contan cunha…