Notas de prensa
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na a XLIV edición do Premio Internacional Afundación de Xornalismo Julio Camba no que a escritora, veterinaria e investigadora cordobesa María Sánchez co seu artigo: 'Escoitar ós mortos' resultou gañadora. Estiveron tamén como finalistas o xornalista Armando Álvarez que participou co artigo titulado 'El glaciar y la luz'; e o articulista e catedrático de Teoría da Literatura e Literatura Comparada José María Paz Gago pola columna de opinión 'La pluma y la pistola'.
O escritor Alfredo Conde presidiu o xurado, ao que…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na participación do documental, e posterior inauguración do documental “Os Camiños de Elías Valiña”, o inventor das frechas amarelas.
Trátase dun proxecto expositivo de Arraianos Producións, ACUDE Rural e a Asociación Compostelá de Amigas e Amigos dos Camiños de Santiago, comisariada por Aser Álvarez para Turismo de Galicia, conmemorativa do 30 Aniversario da Declaración do Camiño Francés como Patrimonio da Humanidade da Unesco.
"Era un ser humano extraordinario, un visionario", explicou Álvarez, ante unha audiencia que…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na inauguración da exposición de pintura "Anxos 2", da artista Gill Bird. A artista definiu a súa obra como figurativa e moi feminista. Goza representando á muller desde perspectivas diferentes.
Esta pintora fala na linguaxe universal da creación artística para que todos os que contemplan a súa obra poidan entender o seu complexo e rico mundo, constituído pola inmensa vida que a rodea na Casa Grande de Soutullo (Coles), o seu taller artístico, no que nacen os seus cadros. A súa pintura reflicte a aparencia dos obxectos,…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na inauguración da exposición de escultura "Entroido. Mobiliario, vestido, escultura", de Anxo Manuel Rodríguez Romero "Piquico".
"Mobiliario vestido" pretende mostrar a continuidade entre corpo, roupa e moble.
Representar unha conxugación entre o atávico da festa e a modernidade, xogando cos personaxes do entroido, o seu animalario, como a mula ou o oso e os elementos típicos e simbólicos desta festa.
Pezas orgánicas, xogando á vez co contraste da pura xeometría do mobiliario, o cubismo e a idea de corte, de…
Javier Vázquez, director da Casa de Galicia en Madrid, participou na presentación do proxecto musical Corrente do Golfo liderado polo pianista e compositor galego Alberto Conde xunto á cantante cubana Diana Tarín, que ofreceron unha viaxe sonora a través de múltiples territorios, fusionando o jazz latino con influencias da cultura española, galega e cubana.
Este proxecto musical -que acaba de ser lanzado como un dobre CD- celebra os lazos culturais e musicais entre a Península Ibérica, Galicia, Nova York e Cuba.
O repertorio de Corrente do Golfo incluíu tanto composicións orixinais como…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na presentación da primeira novela dun ciclo que ten como protagonista a Xan Borrasca, un heroe pouco convencional: hemipléxico, corentón, temeroso e detective do oculto cun escuro pasado, cuxo autor é Miguel Salas.
A novela, ambientada na Costa ártabra (ría de Ferrol) onde os invernos non terminan nunca, móvese entre a novela negra, a fantasía e o terror. Unha combinación de xéneros que resultará atractiva para o lector. Novela dura, pero con sentido do humor que inclúe unha trama amorosa e elementos fantásticos.
O…
O director da Casa de Galicia en Madrid participou na segunda das conferencias enmarcadas no ciclo, coordinado polo arquitecto Domingo de Famara, e que leva por título: “Amor: a muller no camiño de peregrinación”.
Esta Mesa Redonda, que se iniciou o 25 de outubro, contou nesta ocasión coa participación de María Carretero e Fray D. José María Alonso del Val.
A artista María Carretero, falou da conexión do camiño entre Galicia e Cantabria, desde o punto de vista da escultura, facendo especial referencia á súa obra “HOMENAXE AO PEREGRINO” 1993-1996, que se pode ver na Vila de…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, asistiu á entrega de premios da Fundación Vítima do terrorismo (FVT) celebrada no auditorio da Fundación Mutua Madrileña, en Madrid.
Asistiron, entre outros, o Defensor do Pobo, Angel Gabilondo, altos cargos dos ministerios de Interior e Educación e representantes dos grupos parlamentarios.
O presidente da FVT, Tomás Caballero, entregou os premios anuais da Fundación, que cumpriu a súa vixésima edición, na que foron premiados, a Unidade Central de Desactivación de Explosivos (TEDAX-NRBQ) da Policía…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou no encontro que a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo en Madrid no encontro “lOS ALMUERZOS DE AEGAMA”, organizado pola Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid.
Durante a súa intervención, Lorenzana destacou que a Xunta traballa para converter Galicia nun polo de emprendemento industrial capaz de atraer investimentos garantindo as máximas facilidades na tramitación. Neste ámbito, destacou a próxima posta en marcha da Oficina Económica de Galicia, que funcionará como única canle…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na conferencia que impartiu Antonio Troncoso: "ANTONIO PALACIOS RAMILO, ARQUITECTO. Descrición persoal, o que puido ser e non foi".
Acompañaron ao conferenciante: Horacio Rico Rodríguez, presidente de FAGAMA; e Fernando Gómez, presidente da Xuntanza de Alcobendas.
Antonio Troncoso é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi relator e profesor en diversos simposios e publicou numerosas obras e artigos sobre Dereito. Foi profesor de Xeografía Turística.
O conferenciante centrouse…